Antoine de Saint-Exupéry: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 34:
As pezas recuperadas foron decapadas, limpadas. Sobre un panel da caixa do turbo-compresor, localizada na viga esquerda do avión, os investigadores descubriron, segundo o seu informe, "unha serie de catro cifras illadas e gravadas manualmente": 2734, seguidas pola letra "L", que significa "left". Trátase, segundo o informe, "do número de fabricación que o construtor de avións Lockheed inscribía nos seus avións ao lanzar a súa fabricación nunha cadea de montaxe". Este número civil correspondía, na táboa de concordancia da [[Forza Aérea dos Estados Unidos]], á matrícula militar 42-68223, ou sexa a do avión de Saint-Exupéry.
 
Pese ao achado, as razóns polas que o avión de Saint-Exupéry se estrelou son un misterio. Ata o momento non foi posible asegurar se o derribaron ou el perdeu o control do avión, ou mesmo se sufriu un percancecontratempo mecánico. Entre as causas máis posibles menciónanse fallas mecánicas, problemas de osíxeno a bordo ou un ataque cardíaco do escritor.
 
No 60º cabodano da morte de Saint-Exupéry, realizáronse dúas cerimonias conmemorativas en [[Marsella]] e no aeroporto de Bastia en [[Córsega]], próximo ao lugar onde ocorreu a morte e a última engalaxe do aviador respectivamente; colocáronse flores e celebrouse unha misa á que asistiu un familiar do aviador.