Diferenzas entre revisións de «Queixo»

m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Os datos nutricionais do queixo poden variar en función do seu contido en graxa, pero en xeral pódese dicir que é unha rica fonte de [[calcio]], [[proteína]]s, e [[Fósforo (elemento)|fósforo]]. 100 gramos de [[queixo manchego]] conteñen 21 gramos de proteínas e entre 600 e 900 miligramos de calcio. Ao tratarse basicamente de leite concentrado, fan falta 600 gramos de leite para igualar esta cantidade de proteínas, e 550 gramos para a de calcio.<ref>Datos nutricionais do queixo manchego ([http://www.ojosdelguadiana.com/propiedades.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121011003005/http://www.ojosdelguadiana.com/propiedades.htm |date=11 de outubro de 2012 }}).</ref><ref>Comparativa nutricional de produtos lácteos nun arquivo da CNN ([http://www.cnn.com/food/resources/food.for.thought/dairy/compare.dairy.html]).</ref>
 
O queixo tamén comparte co leite os seus problemas nutricionais, derivados do alto contido en graxas saturadas, consistentes en [[Triacilglicérido|triglicéridos]] e [[ácido graxo saturado]]. Este tipo de graxas inflúen moi negativamente en enfermidades cardiovasculares. O Centro da Ciencia de Interese Público sitúa ao queixo como a primeira fonte de graxa saturada nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], nos que cada habitante consome de media un 13,6&nbsp;kg ao ano. Con todo esta cantidade é bastante máis pequena que a de países europeos como [[Grecia]] (27&nbsp;kg) ou [[Francia]] (24&nbsp;kg), nos que se ten un índice relativamente baixo de enfermidades do [[corazón]]. Este feito coñécese como ao [[paradoxo francesafrancés]], e apúntase a que se poida xustificar polo alto consumo de produtos da [[dieta mediterránea]], como o [[viño tinto]] ou o [[aceite de oliva]].<ref>[http://pros.orange.fr/drobyweb/paradosp.htm O paradoxo francés] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071012210706/http://pros.orange.fr/drobyweb/paradosp.htm |date=12 de outubro de 2007 }}.</ref>
 
Moitas axencias de todo o mundo advirten dos riscos do consumo de queixos feitos con leite fresco (non [[pasteurización|pasteurizada]]). A [[Administración de Drogas e Alimentos]] estadounidense sostén que os queixos de leite fresco poden causar enfermidades infecciosas como a [[listeriose]], [[brucelose]], [[salmonelose]], e até mesmo [[tuberculose]].<ref>[http://www.consumeraffairs.com/news04/2005/fda_cheese.html A FDA advirte sobre os riscos na saúde dos queixos de leite fresco.]</ref> Nos Estados Unidos, unha lei de [[1944]] obriga a todos os queixos de leite fresco (incluídos os importados dende 1951) a ter un curado mínimo de dous meses. Outros países non europeos tamén optaron por restrinxir legalmente o consumo destes queixos, como [[Australia]], un dos máis estritos niso, aínda que recentemente abriu excepcións cos queixos suízos [[queixo gruyère|gruyère]], [[queixo emmental|emmental]], [[queixo sbrinz|sbrinz]] e tamén co queixo [[roquefort]]. Con todo, a pasteurización do leite non é totalmente eficaz á hora de evitar estes problemas, como se pode ver nos datos de intoxicacións por consumo en Europa (onde en moitos países é legal o consumo de queixos frescos de leite non pasteurizada), e nos que a maioría de casos apuntaban a queixos pasteurizados.<ref>[http://www.specialtyfood.com/do/news/viewnewsarticle?ide=1841 Mitos dos queixos de leite fresco]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}.</ref> As precaucións co consumo de queixos han de ser maiores no caso de embarazadas, como sinalan os [[Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos]], debido ao risco de transmitir listeriose ao [[feto]].
15.813

edicións