Historia de Istambul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''[[Istambul]]''' é unha [[cidade]] situada na encrucillada de dous [[continente]]s, [[capital]] do [[Imperio Romano de Oriente]], de [[Bizancio]], capital do [[Imperio Otomán]], e ponte entre dúas culturas. Na [[historia]] desta cidade entrecrúzanse as civilizacións e [[relixión]]s e mestúranse feitos moi diversos que amosan a importancia deste enclave urbano ao longo da historia.
 
[[Ficheiro:Bizansist touchup.jpg|miniatura|600px|dereita300px|[[Istambul]] en tempos do [[Imperio Bizantino]]]]
== Situación xeográfica ==
{{Artigo principal|Estreito do Bósforo}}
Quizais o lugar onde se asenta '''[[Istambul]]''' sexa o máis privilexiado da historia tal como ten pasado ata a época contemporánea. É un punto crucial: a divisoria natural entre [[Europa]] e [[Asia]], oriente e occidente, que ademais é o lugar de paso entre o norte e o sur, o [[Mar Negro]] e o [[Mediterráneo]]. Era case obrigado que aquí existise sempre unha cidade importante.
 
[[Ficheiro:Panoramic view of Constantinople-1876-6a23331r.jpg|miniatura|center|790px|[[Corno de Ouro]] en primeiro termo; [[Mar de Mármara]] ao fondo; entrambos a punta onde se asentou Bizancio; á esquerda discorre o Bósforo, perdéndose ao norte cara o Mar Negro; na outra beira, Asia.]]
 
De certo hai restos de poboamento tan antigos coma o home en ambas as dúas beiras do [[estreito do Bósforo]]. Ademais, á encrucillada vénse sumar o chamado [[Corno de Ouro]], unha enseada, magnífico porto natural, entrada de auga na parte europea dende o Bósforo, que deixa unha península dominando o acceso a aquel dende o [[Mar de Mármara]] polo sur. De feito, no lugar existía dende o [[século -XIII|século XIII aC]] un asentamento [[Tracia|tracio]], [[Ligos]].