Jeans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Curiosidade legal: Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 5:
Na súa orixe, os pantalóns vaqueiros, pola súa resistencia, usábanos os traballadores manuais, sobre todo en traballos forzosos como os mineiros, ou agricultores de principios do século XX. Nos Estados Unidos na década de 1950, as mozas e adolescentes empezaron a poñerse vaqueiros como forma sutil de protesta contra o conformismo. O feito considerouse unha provocación; por exemplo nalgúns cines non se permitía entrar ao que levase vaqueiros. Na década de 1960, os vaqueiros gañaron aceptación e para a década de 1970 convertéronse nun artigo corrente nos [[Estados Unidos de América|EUA]], polo menos para vestir informalmente. A súa aceptación seguiu crecendo ata o punto en que agora forma parte do fondo de armario, e como media cada estadounidense posúe sete pares.
 
As modas foron impoñendo diversos cortes de pantalón, coa cintura máis ou [[pantalón de tiro baixo|menos alta]], coas perneiras axustadas (en España chamáronse ''de cabicha''), rectas ou ''acampanadas'' (ou de ''pata de elefante''). Outras tendencias afectaron ao grado de decoloración do pantalón e ata ao seu integridade: os pantalóns rotos ou feitos xirónsfarrapos estiveron de moda.
 
== Fabricantes ==
Aínda que a marca de pantalóns vaqueiros por excelencia é [[Levi Strauss & CO|Levi's]], outros fabricantes clásicos de vaqueiros foron [[Lee]] e [[Wrangler]], en México [[Furor]] e en España estaba [[Lois (marca)|Lois]]. Todas marcas moi populares nos 70s. Na actualidade hai moitas marcas especializadas en vaqueiros e ata as marcas máis exclusivas fan vaqueiros caros como é o caso de Diesel e G-Star Raw. Levi's fai referencia a "Òscar Levi Strauss". Actualmente é unha tenda moi famosa por todo o mundo.