Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 82:
 
=== Época de transición (1534-1572) ===
[[Ficheiro:Machu-picchu-c10.jpg|miniatura|Rocha labrada baixo o templo do Sol que dá ingreso ao chamado Mausoleo Real. Algúns autores como Lumbreras suxiren que poderíapuido haber estadoestar destinado á momia de Pachacuti.]]
 
A guerra civil inca (1531-32) e a irrupción española no Cuzco en 1534 deberon afectar considerablemente a vida de Machu Picchu. A masa campesiña da rexión estaba composta principalmente por ''mitmas'', colonos de diferentes nacións conquistadas polos incas levados á forza a ese lugar. Os campesiños aproveitaron a caída do sistema económico cusqueño para retornar ás súas terras de orixe.<ref>Valencia y Gibaja 1992, 324 ; Kauffman 2006, 64; Lumbreras 2006 : http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades1.htm {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080821113259/http://www.machupicchu.perucultural.org.pe/actividades1.htm |date=21 de agosto de 2008 }}</ref> A resistencia inca contra os españois, dirixida por [[Manco Inca]] en 1536, convocou aos nobres das rexións próximas a integrar a súa corte no exilio de [[Incas de Vilcabamba|Vilcabamba]],<ref>[[#Kauffman|Kauffman]], 1990: páx. 67</ref> e é moi probable que os principais nobres de Picchu abandonasen entón a cidade. Documentos da época indican que a rexión estaba chea de "despoboados" nese tempo.<ref>Un funcionario español, na súa viaxe ao reino de Vilcabamba en 1565, describiu as inmediacións da ponte de Choquechaca -camiño principal da zona nos primeiros tempos coloniais- como cheo de "despoblados". [[#Rowe|Rowe]], 1990: páx. 140</ref> Picchu seguiría habitada e o rexistro da súa existencia proba que foi considerada unha poboación tributaria da [[encomenda]] española de Ollantaitambo.<ref>Cuxo primeiro encomendeiro foi nada menos que o conquistador [[Hernando Pizarro]] ({{Cita Harvard sen parénteses|Glave |Remy|1983|p= 6}})</ref> Iso non significa necesariamente que os españois visitasen Machu Picchu con frecuencia; de feito, sabemos que o tributo de Picchu era entregado aos españois unha vez por ano no pobo de Ollantaitambo, e non "recollido" localmente.<ref>[[#Rowe|Rowe]], 1990: páx. 142</ref> De todas as maneiras, está claro que os españois sabían do lugar, aínda que non hai indicios de que apreciasen a súa importancia pasada. Os documentos coloniais ata mencionan o nome de quen era ''[[curaca]]'' (seica o último) de Machu Picchu en 1568: Juan Mácora.<ref name=repetida_1/> Que se chame "Juan" indica que fora, polo menos nominalmente, bautizado, e, xa que logo, sometido á influencia española.