San Xosé, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Elisardojm moveu a páxina "Campolongo, Pontevedra" a "San Xosé, Pontevedra": nome da parroquia segundo o Nomenclátor da Xunta
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
|entidades = 3
}}
'''San Xosé de Campolongo''' é unha [[parroquia eclesiástica]] urbana do concello de [[Pontevedra]]. Consta de tres barrios: Mollavao, Campolongo e San Brais.
 
Campolongo atópase no sur-suroeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola avenida de [[Augusto García Sánchez]] e polo [[río dos Gafos]]. Ao sur pola autovía [[PO-10]]. Ao leste pola rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola [[Avenida de Marín]].
 
== Historia ==
Albergaba ata a década de 1950 o Pazo de Campolongo, situado onde hoxe se atopa a rúa Iglesias Vilarelle, tiña grandes campos e alí xogaban os nenos ao [[fútbol]]. Entón [[Francisco Franco]] mandou trasladalo pedra a pedra cara á Casa de Campo ([[Madrid]]).
 
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a Prazapraza de Galicia. Ó mudarse esta, e coa construción do Complexo Militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construción do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de Sansan Xosé e o [[CEIP Campolongo]]. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares. O antigo Cuartelcuartel demoleuse, e no seu lugar está o Complexo Administrativo de Campolongo, que alberga a delegación da Xunta, a Axencia Tributaria e varios edificios residenciais.
 
O barrio de Sansan Brais, cunha capela adicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara os séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, Sansan Brais cambiou de aspecto mercede á urbanización de chalés na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.
 
Mollabao era o barrio mariñeiro da parroquia, á beira dos ríos [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]] e Gafos. A partir dos anos 50 a súa fachada marítima mudou coa construción da autovía [[Marín]]-Pontevedra pola costa. Cara os anos 70 as casas mariñeiras demoléronse, e construíronse altos edificios. Na década de 1980 o barrio viuse partido pola construción da [[AP-9]].