Le Corbusier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 18:
== Traxectoria ==
=== De La Chaux-de-Fonds a ''L'Esprit Nouveau'' ([[1888]]-[[1920]]) ===
Fillo dun esmaltador de caixas de [[reloxo]] (Georges-Édouard Jeanneret) e unha profesora de [[piano]] (Marie-Charlotte-Amélie Perret), estudou na Escola de [[Arte]] de [[La Chaux-de-Fonds]] gravado e cicelado, tomando clases do [[pintor]] [[Charles L'Eplattenier]] dende o ano [[1901]]. Por mor de estedeste [[artista]] empezou a sentir interese pola [[Arquitectura]] debido á asistencia a un ''Curso superior de [[decoración]]'' no [[1904]]. Tres anos despois comezou unha serie de viaxes por Europa visitando diversas cidades. Concretamente en [[Budapest]] e [[Viena]] no [[1907]], coñeceu a [[Josef Hoffmann]].
 
Ao ano seguinte, coñeceu a [[Frantz Jourdain]] e a [[Henri Sauvage]] no transcurso da súa etapa en [[París]], e a [[Tony Garnier]] mentres residiu en [[Lión]]. Neste mesmo ano, na súa segunda estancia en París coñeceu a [[Eugène Grasset]] que lle enviou a traballar ao estudio de Arquitectura dos irmáns [[Perret]] durante quince meses. Ao rematar, no [[1909]], empezou dar clases de Arquitectura na súa terra natal. No 1910, viaxou a [[Alemaña]], onde coñeceu a [[Theodor Fischer]] e seis meses despois, a Escola de Arte de La Chaux-de-Fonds encargoulle que estudase o Movemento da arte decorativa en Alemaña. Entre [[1910]] e o [[1911]] coñeceu a [[Ludwig Mies van der Rohe]] e a [[Walter Gropius]] mentres traballaba no estudio de [[Peter Behrens]].