Ence: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 16:
Ence Enerxía e Celulosa tivo unha terceira fábrica de celulosa en Huelva ata outubro de 2014. A empresa anunciou en setembro de 2014 que se vía obrigada a cesar a produción de celulosa en Huelva, entre outros motivos polo impacto da reforma das enerxías renovables que impulsara nese ano o [[Goberno de España|Goberno.]] Tamén se sinalaron entre as causas a escaseza do volume de madeira para a trasformación existente na contorna da factoría, unha circunstancia que afectaba á súa competitividade. O cesamento da produción de celulosa supuxo a supresión de preto de 2.500 empregos, entre directos e indirectos.
 
Ence proxectou nos primeiros anos do [[século XXI]], cando [[Caixa Galicia]] era o seu accionista de referencia, a instalación dunha nova planta de produción de celulosa na marxe oriental do [[río Uruguai]], nas proximidades das cidades de [[Fray Bentos|Frai Bentos]] enno Uruguai e [[Gualeguaychú]] en [[Arxentina]], xunto cunha similar da [[Finlandia|finlandesa]] Botnia. Defendidas por Uruguai, as plantas foron causas dun conflito diplomático que se desenvolveu entre os gobernos da Arxentina e Uruguai. Con todo, a empresa despois de anunciar a relocalización da planta de celulosa na localidade de [[Conchillas,]] próxima ás cidades de Nova Palmira e Colonia do Sacramento, coa aprobación do goberno arxentino, terminou vendendo o proxecto en 2009. Foi unha decisión estratéxica que lle permitiu fortalecer os seus plans de investimento e crecemento en [[España]]. Tanto o proxecto de Ence como o de Botnia propoñían a utilización do sistema de branqueo libre de cloro elemental (ECF) e esta foi unha das causas do malestar popular, que reclamaba a utilización do branqueo totalmente libre de cloro (TCF),13​ que a diferenza do anterior non produce dioxinas, furanos nin subprodutos contaminantes<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20130715225150/http://www.natracare.com/p134/en-GB/Our-Environment/Dioxin-pollution/TCF-v-ECF.aspx|páxina-web=|título=ECF y TCF|data-acceso=}}</ref>
 
== Galería de imaxes ==