Venezuela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 227:
En 2002 comezaron grandes protestas na súa contra, debido á aprobación dunha serie de 47 leis a través dun decreto habilitante, que segundo o goberno tiñan como obxectivo promover unha nova reforma agraria, beneficiar aos campesiños, ao pescador artesanal e reactivar miles de hectáreas de terras ociosas en mans de grandes latifundistas, aínda que o maior de todos eles era o mesmo Estado venezolano. A oposición alegaba que as leis prexudicaban ao empresario e aos gandeiros e guiaban ao país cara a un modelo de goberno "castrocomunista".
 
O 11 de abril do 2002 consumouse un [[Golpe de estado en Venezuela de 2002|golpe de estado]] contra Chávez que o derrocou por tres días, ese mesmo día xérase un dos [[Sucesos de Ponte Llaguno (Venezuela)|feitos violentos]] máis relevantes da historia contemporánea, a cal é a masacre de 14 persoas, oito opositores e seis oficialistas na cidade de Caracas-. O dirixente de [[Fedecámaras]] (Cámara de comerciantes) [[Pedro Carmona]] asume o poder á marxe de toda medida constitucional, e aproveita xunto a outro grupo de persoas de disolver o [[Tribunal Supremo de Xustiza (Venezuela)|Tribunal Supremo de Xustiza]], os ministerios, a [[Asemblea Nacional de Venezuela|Asemblea Nacional]] e en xeral a Constitución, o cal deixáballe pleno poder para gobernar a nación, feito que ata dentro da oposición xerou críticas debido ao seu forte contido ditatorial. Isto mina rapidamente a imaxe do goberno, perde o apoio dos militares, e Chávez é restituído o 14 de Abrilabril, grazas a unha reacción cívico-militar en contra do goberno de Carmona.
 
Nese mesmo ano realizouse un [[Paro petroleiro de 2002-2003|paro xeral]], sendo o terceiro feito pola oposición, chamado polos sectores afíns ao presidente Hugo Chávez "Sabotaxe petroleira" ou "Golpe petroleiro"; os opositores denominárono "Paro Cívico Nacional" que nun principio pedía un Referendo consultivo para aprobar ou desaprobar a Xestión de Hugo Chávez, logo pedía a súa Renuncia. Durante o seu transcurso viuse afectada [[Petróleos de Venezuela]] (PDVSA), a compañía estatal de petróleo e alicerce fundamental da economía venezolana, con perdas estimadas entre os quince e vinte mil millóns de dólares para o país, así como tamén perdas humanas causadas por accidentes debido ao manexo persoal da gasolina e polo entorpecimiento da área do transporte público e privado. O goberno acusaba aos traballadores petroleiros de conspirar e realizar sabotaxes na mesma, despídense a máis de 15.000 de traballadores de PDVSA e son acusados de "conspiradores", "traidores á patria" e "tecnócratas". No lapso que durou a folga xeral as manifestacións de opositores e oficialistas que sucedían todos os días e as canles de televisión privados suspenderon a súa programación habitual e deixaron de emitir publicidade, para transmitir os incidentes da folga, que durou dous meses desde decembro de 2002 ata principios de Febreiro de 2003.