Cova de Lascaux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 41:
Dúas fileiras de [[Uro (animal)|uros]] están encaradas entre si, dous dunha banda e tres doutra. Os dous uros do lado norte van acompañados dunha decena de [[cabalo]]s e mais dun grande animal enigmático, pois ostenta dous trazos rectilíneos sobre a testa que lle gañaron o sobrenome de «[[unicornio]]». No lado sur hai tres grandes uros que flanquean a tres menores, pintados en vermello, así como seis pequenos [[cervo]]s e mais o único [[oso]] da gruta, solapado no ventre dun uro e de difícil interpretación.
 
* O '''Divertículo axial''' está tamén ornamentado de bóvidos, xunto a cabalos acompañados de cervos e de [[cabrito]]s. Un debuxo representando un cabalo a fuxir foi pintado con xiz de [[manganeso]] a uns 2,50 metros do chan. Algúns animais foron pintados no teito, semellando saltar dunha a outra parede. Con estas representacións, que deberon precisar o uso de andamiosestadais, entremestúranse numerosos signos (bastóns, puntos e máis signos rectangulares).
* A '''Pasaxe''' presenta unha decoración moi degradada de antigo, especialmente polas correntes de aire.
* A '''Nave''' contén catro grupos de figuras: o panel da Pegada (''l'Empreinte''), o da Vaca negra, o dos Cervos nadando, así como o dos Bisontes cruzados. Estas obras están acompañadas de innumerábeis signos xeométricos, misteriosos, especialmente de ''dameiros'' coloreados que H. Breuil calificou de «brasóns».