Incertae sedis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 9:
* '''Non inclusión ou escaseza de material para análise''': se unha [[filoxenia|análise filoxenética]] formal é coñecida pero non inclúe un determinado taxon, os autores poden optar por rotular o [[taxon]] como ''incertae sedis'' en vez de facer suposicións en cuanto a súa posición. Isto é particularmente común, cando as [[filoxenia|filoxenias moleculares]] son construídas por análise de tecidos, e a obtención de material de certos [[Órgano|organismos]] fora de difícil aceso. É tamén un escenario común cando [[fósil|taxons fósiles]] son analizados, e a escaseza de material para comparacións e determinación do grao de parentesco se torna difícil, adoptándose entón a posición ''incertae sedis''. Por exemplo: Zielan-Jaworowska e colaboradores descubriron un novo espécime [[fósil]] en [[2007]], o ''Argentodites coloniensis'', mentres, non foi posible a determinación dun posicionamento [[taxonomía|taxonómico]] máis profundo, o taxon foi posto na orde Multituberculata e suborde Cimolodonta, pero non foi posible a determinación da [[familia (bioloxía)|familia]].
* '''Controversia''': ocorre cando hai resultados en conflito ou falta de consenso por parte dos especialistas, no grao de parentesco de determinado [[taxon]]. O ''incertae sedis'' é utilizado até que o conflito sexa resolvido. Por exemplo, o ''Eurotamandua jonesi'' Storch, 1981 é un [[taxon]] controvertido; foi asignado como un Xenarthra polo seu descubridor Storch (1981) e seguido por diversos autores: Storch e Habersetzer (1991), e Rose e Emry (1993); mentres, Shoshani et al. (1997), argumentaron que o ''Eurotamandua'' era un Pholidota e non un xenartro. Outros estudos seguiron situando o taxon como basal no grupo [[Eutheria]] (Gaudin e Branham 1998; Szalay e Schrenk 1998), ate que Rose (1999) situou o ''Eurotamandua'' xunto con o primitivo grupo Palaeanodonta, chegando entón á un consenso. Outra especie enigmática, é a ''Sapayoa aenigma'', [[aves|ave]] colombiana que Sibley e Monroe (1990) situaron nunha infraorde separada ''Incerta Sedis'', nunha posición basal aos ''suboscines'' (Tyrannida) do [[Novo Mundo]], mentres ela non amosa estar emparentada nin cos suboscines do Vello Mundo nin cos do Novo Mundo. Varias traballos científicos xa foron publicados sobre a súa posible inserción, entrementres ningún deles chegou a un consenso (Sibley e Alquist 1990; Sibley e Monroe 1990; Fjeldsa et al. 2003; Kemp e Sherley 2003; Chesser 2004; Irestedt et al. 2006).
* '''Posición basal''': é unha tendencia en crecemento entre os taxonomistas, colocar un taxon basal nun [[clado]] que conteña os seus ancestrosdevanceiros, para absterse de darlle unha posición mais específica dentro da [[taxonomía]]. Por exemplo, os ancestrais de todos os [[primate]]s sitúanse dentro da orde [[Primate]]s, pero non se delimitan en ningunha [[familia (bioloxía)|familia]] específica (como Lemuridae ou Hominidae), visto que son igualmente emparentados con todos os membros da [[orde (bioloxía)|orde]].
 
== Bibliografía ==