Taxonomía: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 49:
Cando xurdiu a teoria da evolución a medidados do século XIX, comenzou a admitirse, tal e como propuxera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxons (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro ''Sobre a orixe das especies'' en [[1859]] estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos, como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis, fixeron valiosas achegas. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxons.
Hoxe en día o desenvolvemento de novas técnicas (como a análise do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]) e as novas formas de análise filoxenética (que permite analizar matrices cunha cantidade enorme de datos) están introducindo cambios substanciais nas clasificacións ó uso, obrigando a desfacer grupos de longa tradición e definir outros novos. As achegas máis significativas proceden da comparación directa dos [[xene]]s e os [[xenoma]]s. Hoxe os organismos agrúpanse segundo as semellanzas no seu ADN (e logo co apoio do rexistro fósil e a morfoloxía), e a evolución dos caracteres morfolóxicos é “interpretada” unha vez a árbore filoxenética está consensuada. Esta situación enriqueceu o campo da Bioloxía Sistemática, e logrou unha relación estreita desta última coa ciencia da evolución, cousa que antes non ocorrera debido as numerosas imprecisions que existían antes da chegada das
== As diferenzas entre taxonomía e sistemática ==
|