Marco Licinio Craso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 2:
'''Marco Licinio Craso''', en [[latín]] ''Marcus Licinius Crassus'', ([[-112|112]] a.C. [[-53|53]] a.C.) foi, na súa época, un dos homes máis ricos de [[Roma]] e recibiu por iso o ''cognome'' de [[Dives]]. Foi [[Cónsul romano|cónsul]] por dúas veces, no 70 e no 55 a.C., ambas xunto a [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]]. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un [[senador]]. Así, Craso aliouse ao patricio mozo [[Xulio César]] como o seu provedor de fondos. Chega finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o [[Primeiro triunvirato]]. Craso morreu nunha batalla no comando dunha expedición contra os [[partos]] que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular ''erro craso'', que invoca a súa tráxica morte.
 
Craso tiña imnumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueralugueiro.
 
Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de [[escravo]]s liderada por [[Espartaco]], o que lle proporcionou popularidade e poder.