Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

Hai tamén relevos zoomorfos<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=521-544}}</ref>, é dicir, con figuras de animais. Un primeiro relevo, situado nun perpiaño próximo ao [[machón]] sur, representa unha ave coa cabeza xirada cara atrás que tradicionalmente se interpretou como unha perdiz. Montenegro Rúa, porén, identifícao cunha [[bubela]] ou, aínda mellor, unha [[laverca]], a causa do penacho de plumas da súa cabeza.
 
Nun segundo relevo represéntase un cuadrúpedocuadrúpede, que hai quen identifica cun león. Finalmente, nun perpiaño próximo ao acceso, hai unha ave que se ten interpretado como unha avestruz sobre unha pértega. En opinión de Montenegro Rúa trátase da ave [[Fénix]].
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>
 
Para Montenegro Rúa, como antes para Helmut Schlunk, todos estes relevos encaixan coa idea dun templo funerario. Os animais representados son, na tradición clásica, animais ''[[Psicompo|psicompos]]'', é dicir, encargados de conducir a alma dos defuntos á vida de ultratumba. O relevo dos "lisiados" faría referencia á profesión de médico do defunto ou, senón, á súa contribución á comunidade. Os relevos das "danzantes" serían a representación dun cortexo fúnebre ou, mellor aínda, figuras que sosteñen un manto inchado polo vento. Para esta última idea, Montenegro apóiase en relevos e pinturas semellantes de época augústea, en que se representa a viaxe da alma do defunto á súa morada de ultratumba<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=521-544}}</ref>.
 
== Vestixios epigráficos ==
232.746

edicións