Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

Santalla de Bóveda atópase a uns 14 km ao suroeste da cidade de Lugo, no val do [[Río Mera, río Miño|río Mera]]. Este val é dunha gran riqueza arqueolóxica, pois sitúanse nel máis de media ducia de castros. O máis próximo é o de Corvazal, situado a pouco máis de medio quilómetro do templo. Con todo, trátase de castros con extensións inferiores a unha hectárea. Tamén se deron numerosos achados de procedencia romana, como a [[estela de Crecente]], que se atopou na parroquia de San Pedro de Mera.
 
Ademais a [[Vía XIX]] discorría polas inmediacións do templo. Aínda que o trazado exacto da vía nesta área está aínda en discusión, suponse paralela ao río e pasaría a uns dous quilómetros ao sur de Santalla. En [[San Romao da Retorta, Guntín|San Romao da Retorta]] (concello de Guntín, a uns seis quilómetros de Bóveda) atopouse nos anos oitenta o miliario de [[Calígula]], datado no 40 e adicado a este emperador. Amais, nunhas escavacións de 2002 deuse con restos dunha calzada romana case ao pé do templo. Na súa [[tese doutoral]] sobre o edificio, Montenegro Rúa inclínase por considerar que se trate dun ramal secundario desta vía, quizais o camiño que unía Lucus co [[campamento romano da Ciadella]], no concello de [[Sobrado dos Monxes]]<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=428 e ss.}}</ref>.
 
== Estrutura do edificio ==
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.
 
== Pinturas e relevos ==
As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están [[faisán]]s, [[perdiz|perdices]], [[pomba]]s, [[galiña|galos]] e [[ganso]]s, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.
 
No fondo da nave ábrese a [[ábsida]], na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas [[nicho|fornelas]] e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.
 
<gallery>
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Estas figuras lembran a disposición de moitas danzas populares en que os participantes se acompañan de grilandas de flores, polo que é común referirse a elas como "danzantes". Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>
 
<Gallery>
Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-07.JPG|Detalle.
Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-08.JPG|Detalle.
Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-12.JPG|Detalle.
Ficheiro:Galician-roman painting.jpg|Detalle.
</Gallerygallery>
 
== Relevos ==
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Estas figuras lembran a disposición de moitas danzas populares en que os participantes se acompañan de grilandas de flores, polo que é común referirse a elas como "danzantes". Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.
 
Outro relevo parece representar dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Por tal razón, fálase del como o relevo dos "lisiados".
 
Hai tamén relevos zoomorfos<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=521-544}}</ref>, é dicir, con figuras de animais. Un primeiro relevo, situado nun perpiaño próximo ao [[machón]] sur, representa unha ave coa cabeza xirada cara atrás que tradicionalmente se interpretou como unha perdiz. Montenegro Rúa, porén, identifícao cunha [[bubela]] ou, aínda mellor, unha [[laverca]], a causa do penacho de plumas da súa cabeza.
 
Nun segundo relevo represéntase un cuadrúpedo, que hai quen identifica cun león. Finalmente, nun perpiaño próximo ao acceso, hai unha ave que se ten interpretado como unha avestruz sobre unha pértega. En opinión de Montenegro Rúa trátase da ave [[Fénix]].
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>
 
Para Montenegro Rúa, como antes para Helmut Schlunk, todos estes relevos encaixan coa idea dun templo funerario. Os animais representados son, na tradición clásica, animais ''[[Psicompo|psicompos]]'', é dicir, encargados de conducir a alma dos defuntos á vida de ultratumba. O relevo dos "lisiados" faría referencia á profesión de médico do defunto ou, senón, á súa contribución á comunidade. Os relevos das "danzantes" serían a representación dun cortexo fúnebre ou, mellor aínda, figuras que sosteñen un manto inchado polo vento. Para esta última idea, Montenegro apóiase en relevos e pinturas semellantes de época augústea, en que se representa a viaxe da alma do defunto á súa morada de ultratumba<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=521-544}}</ref>.
 
== Vestixios epigráficos ==
Aínda que Schlunk aparcou esta interpretación cando o descubrimento da piscina, outros autores continuaron esa liña. Un deles foi [[Celestino Fernández de la Vega]], quen en 1970 publicou unha monografía en que desenvolvía a hipótese de que se tratase dun templo pagán reutilizado a finais do IV como tumba de [[Prisciliano]]<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=465}}</ref>.
 
Na súa tese doutoral sobre o monumento, Montenegro Rúa retoma a hipótese de que se trata dun hipoxeo, é dicir, dun templo funerario subterráneo. Para esta atribución baséase na simboloxía funeraria do arco de ferradura, que na Península se rexistra en numerosas estelas funerarias. Afonda tamén na presenza doutros hipoxeos na Península e fóra da Península (cita, por exemplo, a ''Gran Tumba'' de Córdoba ou o ''monumento dos Furios'' en Tusculum) con tipoloxías semellantes e situadas nas marxes de camiños relevantes<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=489 e ss}}</ref>. Así mesmo, como xa se indicou, baséase na simboloxía funeraria das representación escultóricas e pictóricas.
 
== Notas ==
91

edicións