José Chiarroni Pazos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 57:
Tras o nacemento do Celta, os xogadores do Vigo Sporting [[Luis Otero Sánchez|Otero]], Chiarroni e [[Ramón González Figueroa|Ramón González]] abandonaron o club e ficharon polo [[Deportivo da Coruña]]. O Celta denunciou ao Deportivo por suborno e a [[Federación Galega de Fútbol]] suspendeu durante unha tempada os tres xogadores e mais o Deportivo. O Deportivo recorreu a decisión ante a [[Real Federación Española de Fútbol]], a cal se pronunciou en favor do Deportivo e anulou a sanción contra o club herculino ao entender que non existira ningún suborno, pero si mantivo a sanción sobre os tres xogadores por existir duplicidade de fichas<ref>{{cita web |título=El pleito Federación-Deportivo. Texto integro del fallo de la Federación Española |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1083975&presentacion=pagina&posicion=3 |obra=El Ideal Gallego nº 1.952 |data=23 de decembro de 1923 |páxina=3 |lingua=castelán }}</ref><ref>{{cita web |título=Ecos deportivos. Un fallo de la nacional |url=http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1143552&presentacion=pagina&posicion=6 |obra=Galicia: diario de Vigo nº 437 |data=26 de decembro de 1923 |páxina=6 |lingua=castelán }}</ref>.
 
Co Celta só disputou encontros amigábeis, coma o realizado no verán de 1924 ante a [[Selección de fútbol dedo Uruguai]] que se atopaba de camiño aos [[Xogos Olímpicos de 1924|Xogos Olímpicos París 1924]], dos cales se proclamarían campións.
 
En 1924 pasou a formar parte oficialmente do equipo do Deportivo da Coruña, onde permaneceu ata 1929, proclamándose [[Campionato de Galicia de fútbol|campión de galicia]] en dúas ocasións.