Educación bilingüe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 19:
Fálase de programa de bilingüismo parcial cando se dá unha repartición de contidos escolares en función da lingua. Xeralmente os contidos escolares dados na lingua minoritaria fan referencia ó seu universo cultural e étnico, mentres que os contidos propios da ciencia e da tecnoloxía son ensinados na segunda lingua ou dominante.
 
Coñécese como programa bilingüísta integral o uso das dúas linguas en todos ou case todos os graos e contidos escolares. Este programa persegue un dobre obxectivo: o bilingüismo e o biculturalismo. Pode estar claramente orientado ao mantemento da minoría lingüística. Pódese falar de programa de inmersión como sinónimo a este. A educación de inmersión consiste en programas onde a ensinanza na segunda lingua dirixida ao alumnado ten unha primeira lingua que se considera maioritaria. Trátase de educar aos nenos e nenas nesta segunda lingua en todas ou case todas as materias durante un tempo. O obxectivo é o bilingüismo ou biculturalismo: ao coñecemento da súa primeira lingua familiar e da súa cultura engaden o coñecemento doutra lingua nun proceso pouco forzado. López (1993) comenta como se iniciou o programa enno Canadá e pouco a pouco foise estendendo por outros países, sufrindo adaptacións e cambios no seu deseño.
 
Pola contra á educación integral, atópase o programa de submersión. Neste caso, trátase dunha educación na cal os nenos e nenas cunha lingua minoritaria reciben unha educación na lingua maioritaria. É dicir, é un programa onde a instrución educativa faise mediante a cultura e lingua dominante. O obxectivo consiste na adquisición, por parte do alumando, dun bo dominio da lingua maioritaria o máis cedo posible para poder traballar conxuntamente cos nenos que xa usan esta lingua. Baker e Jone (como se citou en Nispen) falan da crenza, por parte dos partidarios deste programa, de como os nenos e nenas que utilizan a lingua materna teñen un desenvolvemento moito máis lento na segunda lingua. Ningunha escola se declara explicitamente como unha escola de submersión.