Bertrand Gachot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 34:
 
[[Ficheiro:Bertrand Gachot 1991 USA.jpg|miniatura|left|Gachot pilotando un [[Jordan Grand Prix|Jordan]] no seu debut na F1 no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 1991]].]]
Malia isto Gachot aínda era altamente considerado e asinou para liderar o novo equipo [[Jordan Grand Prix]], ben patrocinado por [[7-Up]] e usando motores [[Ford HB]]. O [[Jordan 191]] deseñado por [[Gary Anderson]] era un bo coche e logo dalgúns problemas iniciais da fiabilidade converteuse nun anotador regular de puntos. Gachot terminou quinto enno Canadá e sexto en dúas ocasións. Conseguiu eloxios considerables polas súas actuacións nos Grandes Premios e gañar as [[24 Horas de Le Mans]] nun Mazda (cos copilotos [[Johnny Herbert]] e [[Volker Weidler]]). Con todo, pouco despois de establecer a [[volta rápida]] no [[Gran Premio de Hungría de 1991]] a súa tempada interrompeuse por un período de dous meses que pasou en [prisión], condenado por rociar con [[gas CS]] a un taxista de [[Londres]] logo dun altercado de tráfico<ref>{{Cita novas|url=http://www.telegraph.co.uk/journalists/andrew-baker/2348304/Cabbie-opens-door-for-speedy-German.html|title=Cabbie opens door for speedy German|last=|first=|date=18 de outubro de 2006|work=|access-date=27 de agosto de 2016|via=}}</ref> (o seu asento ocupouno temporalmente un entón descoñecido [[Michael Schumacher]], que fixo o seu debut na Fórmula 1). O incidente provocou unha campaña de apoio chamada ''Free Gachot'' (liberdade para Gachot) organizada polo piloto de carreiras belga [[Pascal Witmeur]]. Esta campaña incluíu bandeiras, camisetas portadas por membros do público e pilotos de carreiras, [[graffiti]]s en varios lugares da pista de [[Circuíto de Spa-Francorchamps|Spa-Francorchamps]] durante o [[Gran Premio de Bélxica de 1991]].
 
Cando finalmente foi liberado da prisión logo de dous meses, perdera catro Grands Prix (incluíndo o seu Grand Prix de casa en Bélxica). Viaxou ao [[Circuíto de Suzuka]] para intentar retomar o seu asento en Jordan de [[Alessandro Zanardi]]. O equipo rexeitouno, aínda que Gachot atopou un asento con [[Larrousse]], substituíndo ao lesionado [[Éric Bernard]] no [[Gran Premio de Australia de 1991]]. Non puido cualificar o coche, pero impresionou ao equipo o suficiente como para que se lle ofrecese o asento para a seguinte tempada.