Charlotte Brontë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
En [[1842]] Charlotte e Emily quixeron abrir unha escola privada e, para mellorar o seu francés, ingresaron nun internado privado de [[Bruxelas]], pero ao morrer a súa tía víronse na obriga de volver. Emily quedou como administradora da casa e Anne púxose a traballar como institutriz cunha familia preto de York, na que tamén entrou a traballar o seu irmán de mestre particular. As experiencias que Charlotte viviu en [[Bruxelas]] servíronlle ao seu regreso para plasmar a soidade, nostalxia e illamento de Lucy Snow na súa novela ''[[Villete]]'' ([[1853]]). Ao seu irmán Branwell despedírono acusado de namorarse da muller do seu patrón e empezou a recorrer cada vez máis ao opio e a bebida.
 
Despois, as tres irmás escribiron novelas. A primeira que se publicou foi ''Jane Eyre'' ([[1847]]), de Charlotte, que tivo un éxito inmediato. ''[[Agnes Grey]]''<ref>Traducida ao galego por [[Ana Rozados]] e publicada enna [[BiVirBiblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego]] en 2020, e tan só semanas máis tarde publicada en papel por [[Irmás Cartoné]] nunha segunda tradución distintaa cargo de [[Celia Recarey]].</ref>, de Anne, e ''[[Curutos treboentos]]'', de Emily, apareceron máis adiante naquel mesmo ano. Ao regresar a Haworth despois de ir un tempo a ver aos seus editores, atoparon a Branwell a piques de morrer. A súa irmán Emily morreu de tuberculose en [[1848]]. Anne tamén morreu da mesma enfermidade en [[1849]], un ano despois de publicar a súa segunda novela, ''[[The Tenant of Wildfell Hall]]''.
 
Charlotte casou en [[1854]] co coadxutor do seu pai, Arthur Bell Nicholls, que foi o cuarto home en propoñerllo. O [[31 de marzo]] de [[1855]], estando embarazada, enfermou e morreu de tuberculose, como as súas irmás.