Península do Labrador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 4:
A '''península do Labrador''' (en [[lingua inglesa|inglés]] ''Labrador Peninsula''; en [[lingua francesa|francés]] ''Péninsule du Labrador'') é unha gran [[península]] do nordeste do [[Canadá]], entre o [[océano Atlántico]] ao leste e a [[baía de Hudson]] ao oeste; ao norte ten o [[estreito de Hudson]], que a separa da [[Terra de Baffin]], ao leste o [[mar do Labrador]] e ao suroeste encóntrase o [[golfo de San Lourenzo]].
 
[[Xeoloxía|Xeoloxicamente]], a península do Labrador pertence ao [[Escudo Canadense]]. Os [[montes Torngat]], que a atravesan de norte a sur, constitúen a súa espiña dorsal. As súas [[costa (xeografía)|costas]] son moi accidentadas, con gran cantidade de baías, enseadas, [[ría]]s e [[fiorde]]s baixos formados pola [[erosión|erosión glaciaria]] e os movementos do [[inlandsis]] que cubriu o territorio durante as [[glaciación]]s. Estas mesmas glaciacións (como na maior parte do Canadá) deixaron así mesmo numerosos [[lago]]s. Entre os lagos desta zona dedo Canadá cabe mencionar os de [[Lagos Clearwater|Clearwater]] e o [[Lago Minto|Minto]]. Entre as baías destaca a baía Ungava, no norte da gran península, mentres que pode considerarse un fiorde moi estendido o val no que se localizan a [[baía Groswater]] e o [[lago Melville]], na costa occidental.
 
O seu [[clima]] é extremadamente [[clima continental|continental]] no sur, e contra o norte é [[ártico|subártico]]; a costa leste recibe a influencia da corrente fría do Labrador, o que practicamente anula os efectos moderadores do océano.