Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 88:
{{Véxase tamén|Historia do topónimo Galiza e Galicia}}
[[Ficheiro:Map of Europe according to Strabo.jpg|miniatura|esquerda|Europa segundo Estrabón coa localización das [[Casitérides]].]]
Os nomes "Galiza" e "Galicia" derivan da palabra [[latín|latina]] ''Gallaecia'' (ou ''Callaecia''), que significaba literalmente «terra dos [[galaicos]]». '''[[Callaecia]]'''<ref>Curchin (2008) p. 111.</ref> 'a terra dos Callaeci', de *''kallā-'' «madeira»<ref>cf. Matasovic (2009) s.v. *kallī-.</ref> co sufixo complexo local ''-āik-''. Máis tarde tornouse ''Gallicia'', actual ''Galicia'' ou ''Galiza''. Os [[galaicos]] (en [[latín]]: ''Gallaeci'', en [[Grego antigo|grego]]: Καλλαϊκοί) foron o pobo máis numeroso do noroeste da [[Península Ibérica]] xa antes da súa integración ao [[Imperio Romano]] no século I a. C., aínda que algúns autores consideran que en orixe o termo "galaico" era empregado para denominar unha pequena [[tribo]] ao norte do [[río Douro]], os [[callaecos]]; sexa como for, este nome acabou por denominar todo un grupo étnico de [[lingua celta]] e culturalmente homoxéneo, situado entre o [[mar Cantábrico]] e o [[río Douro]].<ref>[http://books.google.com/books?id=tbha9yv5kJ0C&pg=PA17&dq=Los+celtas:+la+Europa+del+hierro+y+la+Pen%C3%ADnsula+Ib%C3%A9ric&hl=en&ei=TcAlTMLTNpWTjAeykvx2&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCgQ6AEwAA#v=onepage&q&f=false Los celtas: la Europa del hierro y la Península Ibérica. Pedro Damián Cano Borrego. p118]</ref>
 
A primeira referencia histórica dos galaicos, remóntase ao ano 136 a. C., cando o xeneral [[República romana|romano]] [[Décimo Xunio Bruto Galaico]] regresa a [[Roma]] —despois da súa vitoriosa campaña bélica contra dous pobos previamente descoñecidos, [[Lusitania (provincia)|lusitanos]] e [[galaicos]]— recibindo do propio [[Senado romano]] o título de ''Gallaecus'' ou "galaico" en honor á dura expedición militar contra estes.<ref>{{Cita libro|título=Nuevos estudios sobre la romanización|apelidos=Blázquez|nome=José María|editorial=Ediciones Istmo|ISBN=9788479020835|url=http://books.google.com/books?id=ytLiqFszmKQC&pg=PA150&dq=136+Bruto,+Galaico,+galaicos&hl=en&ei=l8AlTMjcF5CRjAfe-71q&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=5&ved=0CDoQ6AEwBA#v=onepage&q=136%20Bruto,%20Galaico,%20galaicos&f=false|data=1993-01-01|lingua=es}}</ref> Tras estes primeiros contactos, o mundo grecolatino vai denominar o seu país como ''Gallaecia'', tal e como fixeron [[Estrabón]], [[Plinio o Vello|Plinio]] e [[Apiano]], entre outros. Será este nome ''Gallaecia'' a que irá evolucionando durante máis de trece [[século]]s, e que acabará por adoptar as formas "Galiza" e "Galicia".