Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 74:
 
Nestes primeiros exemplos tamén salienta a figura do destacado compositor coruñés [[Marcial Del Adalid]], que compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a súa ''Marcha triunfal Galicia'', datada en 1881, un ano despois da Exposición Rexional.<ref name="111anos"/>
 
=== Nacemento do himno de Pondal e Veiga ===
''Os Pinos'' xurdiu, do mesmo xeito que algunhas das propostas que xurdiran anos atrás, a partir dun certame celebrado na [[Coruña]] en [[agosto]] de [[1890]] convocado polo [[Orfeón Coruñés]] Nº 4, dirixido daquela por [[Pascual Veiga]], o [[22 de maio]] dese mesmo ano, e no que se premiaría á mellor “marchare gional gallega” escrita para orfeón sobre o texto "Os Pinos" de Pondal.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Veiga pedira ao poeta [[Ponteceso|pontecesán]], considerado a figura máis sobranceira da poesía galega da época logo da morte de [[Rosalía de Castro|Rosalía]] en [[1885]], a creación dun texto axeitado "con obxecto de que, a maneira da Marcha Real, Marsellesa, etc., sexa cantado en toda a Galiza co entusiasmo que desperta no ánimo o Sentimento da patria”.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=13}}
 
Estreouse na cidade da [[Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]] e, ao igual que a [[bandeira de Galicia]], é froito da emigración. Desde [[1907]] até [[1923]], o himno galego foi cantado por [[Rexionalismo galego|rexionalistas]] e [[Agrarismo|agraristas]] nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu o uso durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.