Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 43:
== Historia ==
=== Antecedentes ===
As orixes da procura dun himno para Galicia remóntanse ao [[século XIX]], cando a maior parte dos países de [[Europa]] crearon, difundiron e oficializaron os seus respectivos himnos.{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}} Nos círculos nacionalistas de Galicia sentíase e debatíase esta necesidade de posuír un himno nacional dende mediados dese século como parte do proceso de recuperación e formación da consciencia nacional galega.{{Harvnp|Ferreiro|2007|p=11}} Dende [[1808]] existía un himno galego, o ''Himno da Guerra de Independencia'' ou ''Himno do Batallón de Literarios'', composto na [[Guerra da Independencia española|guerra de independencia]].<ref name="111anos"/>
 
Xa dende [[1880]] rexístranse numerosas propostas de creación dun himno galego, ano no que borde a primeira proposta explícita durante a Exposición Rexional de Pontevedra, na que se convocou un premio para un "Himno á Galicia en dialecto del país" que acabaría gañando un texto de [[Andrés Muruais]] ao que puxo música [[Felipe Paz Carvajal]] e que comezaba:{{Harvnp|Ferreiro Fernández|2008|p=51}}<ref name="111anos"/>
 
<div style="font-size:95%;">
{|
| valign="top" width="50%" |
:Hirmans, con entusiasmo
:Cantemos a Galicia
:Pra nós outra delicia
:Com’ ela xa non hay
|}
</div>
 
Dese mesmo ano data a letra do ''Himno a Galicia'' do migrante [[Padrón|padronés]] [[Manuel Vázquez Castro|Manuel Barros]]:<ref name="111anos"/>
 
<div style="font-size:95%;">
{|
| valign="top" width="50%" |
:Erte é escoita, Galicia adorada
:d'os teus fillos o doce cantar
:Erte é escoita, que bril' a alborada
:d'o gran dia que n' ha de pasar
:Longos siglos chorando te viron
:sentadiña n'a veira d'o mar
:E as ondiñas mil veces ch' oiron
:libertá, libertá sospirar".
|}
</div>
 
Nestes primeiros exemplos tamén salienta a figura do destacado compositor coruñés [[Marcial Del Adalid]], que compuxera varios himnos orquestrais, entre eles a súa ''Marcha triunfal Galicia'', datada en 1881, un ano despois da Exposición Rexional.<ref name="111anos"/>
 
Estreouse na cidade da [[Habana]] o [[20 de decembro]] de [[1907]] e, ao igual que a [[bandeira de Galicia]], é froito da emigración. Desde [[1907]] até [[1923]], o himno galego foi cantado por [[Rexionalismo galego|rexionalistas]] e [[Agrarismo|agraristas]] nos seus actos e devagariño foi sendo aceptado e recoñecido como tal, impoñéndose a outras propostas como o ''Himno da Acción Gallega''. Cando se prohibiu o uso durante a [[ditadura]] de [[Miguel Primo de Rivera]], as [[sociedades galegas]] de [[América]] intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] acadou un certo grao de recoñecemento, porén non chegou a ser considerado oficialmente como Himno de Galicia.
 
Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] que conduciu á [[guerra civil española]], e a vitoria franquista, o himno galego foio eliminado do espazo público en [[España]], mais mantívose precisamente onde nacera, na [[diáspora galega]], así comoo no [[Exilio galego de 1936|exilio]] que se produciu logo da contenda, existindo notas na prensa de interpretacións en [[Buenos Aires]], [[Montevideo]], [[A Habana]] ou [[Cidade de México]].<ref name="111anos">{{Cita novas |url=https://praza.gal/cultura/asi-naceu-o-himno-galego-111-anos-de-popularizacion-exilio-e-mais-ou-menos-estrofas |título=Así naceu o himno galego. 111 anos de popularización, exilio e máis ou menos estrofas |xornal=[[Praza.gal]] |data=20 de decembro de 2018 |nome=Marcos |apelidos=Pérez Pena |dataacceso=10 de xuño de 2020 |lingua=gl}}</ref> Sufriu un rexeitamento frontal durante o período do [[franquismo]] en [[España]], e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, todo o máis, en actos culturais, e unicamente a modo de simple canción, unha máis de tantas do vasto [[folclore galego]]. Dende [[1960]] comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos [[Ideoloxía|ideolóxicos]]. En concreto, cantábase só a primeira parte.
 
En [[1975]], mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a se erguer das cadeiras para entoalo. Ao ano seguinte instaurouse este [[costume]] de xeito definitivo na [[praza da Quintana]], sendo así mesmo ratificado polas autoridades competentes e asistentes ao acto. Ao cabo, a maioría dos partidos non nacionalistas haberíano asumir no decorrer da [[Eleccións Xerais 1977 en España|campaña electoral de 1977]].
Liña 53 ⟶ 83:
A primeira gravación da que se ten constancia realizouna o ''Coro Cantigas e Aturuxos'' de [[Lugo]] o [[19 de novembro]] de [[1918]].
 
En [[2002]] María Pilar Veiga González, neta de Pascual Veiga, entregou á [[Real Academia Galega]] a partitura orixinal do himno xunto con uotros documentos relacionados co compositor mindoniense, que a familia conservaba en [[Arxentina]].<ref>{{Cita novas |ulrurl=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2001/10/26/nieta-pascual-veiga-dona-galicia-partitura-original-himno-gallego/0003_804356.htm |título=Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego |nome=R. |apelidos=García |xornal=[[La Voz de Galicia]] |data=26 de outubro de 2001 |dataacceso=11 de xuño de 2020 |lingua=es}}</ref>
 
=== Aniversarios ===