Quelonioideos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 33:
Os '''quelonioideos''' (''Chelonioidea'') son unha [[familia (bioloxía)|superfamilia]] de [[tartarugas]] (''Testudines'') que comprende as '''tartarugas mariñas'''. Consta de dúas [[familia (bioloxía)|familias]] actuais, [[quelónidos]] ou queloníidos (''Cheloniidae'') e [[dermoquélidos]] ou dermoquelíidos (''Dermochelyidae'').<ref>Arnold, E. N. e J. A. Burton (1978): ''Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa''. Barcelona: Omega, p.94.</ref>
 
Coñecidas xa desde o [[cretáceo]], hai máis de 75 millóns de anos, acuualmente só sobreviven sete especies, das que cinco foron citadas nas augas galegas. Plenamente adaptadas á vida no mar en ambientes tropicais e subtropicais, chegan ás veces ás costas atlánticas europeas como divagantes. Porén, no [[mar Mediterráneo]] hai poboacións estábeis, aínda que hoxe moi reducidas, de tres de estasdestas especies, que crían en afastadas praias, especialmente na zona oriental.<ref>Galán Regalado, P. e G. Fernández Arias (1993): ''Anfibios e réptiles de Galicia''. Vigo: Xerais, p. 267.</ref>
 
Algunhas especies viven en case todos os océanos e fan grandes migracións, como a [[tartaruga mariña verde]], a [[tartaruga mariña común]], a [[tartaruga mariña carei]], ou a [[tartaruga de coiro]], mentres que outras teñen unha distribución máis limitada, como a [[tartaruga mariña olivácea]] e a [[tartaruga mariña pequena]], e unha, a ''[[Natator depressus]]'', encóntrase unicamente na costa norte de [[Australia]].