Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 61:
Cando se completou a conquista das illas, impúxose un novo modelo económico baseado no monocultivo, a cana de azucre en primeiro lugar. Nesta época creáronse as primeiras institucións e órganos gobernamentais. Co descubrimento de [[América]] e a posterior conquista, as illas convertéronse nun punto de parada para rutas de comercio con [[América]], [[África]] e [[India]], o porto de [[Santa Cruz de la Palma]] chegou a ser un dos portos máis importantes do [[Imperio Español]], e isto foi acompañado dunha gran prosperidade de determinados sectores da sociedade nas Illas. A crise do monocultivo do [[século XVIII]] e a independencia das colonias americanas durante o [[século XIX]] produciron graves crises económicas. Tras a crise económica sufrida polo arquipélago, houbo grandes ondas de emigración cara ás [[América]]s.
 
A principios do [[século XX]] introduciuse o monocultivo da [[banana]] nas Canarias, e grandes empresas como ''Fyffes'' controlaron a súa exportación. A rivalidade entre as elites das cidades de [[Santa Cruz de Tenerife]] e [[As Palmas de Gran Canaria]] pola capitalidade das illas levou á división doda arquipélago[[provincia de Canarias]] en dúas provincias en [[1927]].
 
Tras a morte de [[Francisco Franco]] e do establecemento dun sistema democrático de monarquía constitucional realizouse un [[Estatuto de Autonomía]], aprobado en [[1982]]. Canarias é actualmente regulada pola [[Coalición Canaria]], pero é unha minoría no Parlamento.