Diferenzas entre revisións de «Moeda visigoda»

Axuste de ligazón interna.
(Outros artigos.)
(Axuste de ligazón interna.)
 
|}
 
As primeiras moedas emitidas directamente a nome dun gobernante visigodo apareceron durante o reinado de [[Leovixildo]] ([[567]]-[[586]]).<ref name="MEC49" /> Durante un breve período, mantivéronse as cuñaxes a imitación das [[Moeda bizantina|moedas do Imperio Romano de Oriente]], pero xa a nome dos gobernantes visigodos; sirva como exemplo o tremissis conservado no [[Gabinet Numismàtic de Catalunya|Gabinete Numismático]] do [[Museo Nacional de Arte de Cataluña]] (MNAC), en [[Barcelona]], cuñado por Leovixildo e catalogado como MEC 210 (segundo ''[[Medieval European Coinage]])''. O anverso desta peza amosa o busto estilizado do rei ollando á esquerda e a lenda <small>XIVVIGILDVS</small>, e o reverso unha cruz sobre chanzos coa lenda <small>REX VARCINONA</small>, a modo de [[marca de ceca]] do [[Ceca de Barcino|obradoiro monetario de Barcinona]] (Barcelona).<ref>"[https://www.museunacional.cat/es/colleccio/tremissis/leovigild/009869-n Tremissis] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190207021045/https://www.museunacional.cat/es/colleccio/tremissis/leovigild/009869-n |date=07 de febreiro de 2019 }}". ''[[Museo Nacional de Arte de Cataluña|Museu Nacional D'Art de Catalunya]]''.</ref> O outro tipo, catalogado como MEC 209, amosa o busto real ollando á dereita no anverso e a Vitoria con palma e coroa no reverso, unha tipoloxía usada anteriormente en moedas bizantinas.
 
Coñécense moedas de Leovixildo que reproducen o busto real tanto no anverso como no reverso. Segundo Grierson, este novo tipo, característico da moeda visigoda, comezou entre [[579]] e [[586]], nos derradeiros anos do reinado de Leovixildo, despois da morte do seu irmán [[Liuva II|Liuva]], con quen reinara.<ref name="MEC49" />
19.437

edicións