Baldo Martínez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
Realizou estudos musicais no [[Conservatorio da Coruña]] e no Municipal de Barcelona. Comezou os seus estudos de contrabaixo co profesor [[Fernando Sala]], e continuou profundando na técnica do instrumento con [[David Thomas]] e [[Todd Coolman]]. Tamén estudou harmonía enfocada ao Jazz con este último e con [[Bill Dobbins]].
 
É membro fundador de dous dos grupos maismáis importantes na historia do Jazz en España: [[Clunia Jazz]] e [[Zyklus]]. Con Clunia gravou o seu primeiro disco, ''Clunia Jazz'' en 1982. Uniuse á formación o saxofonista [[Antonio Cal (músico)|Antonio Cal]]. En 1983 obtiveron o segundo premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra, e participaron nas primeiras Xornadas de Jazz de Santiago de Compostela xunto a [[Tete Montoliu]].
 
Foron galardoados co primeiro premio no Concurso Internacional do Festival de San Sebastián en 1985 pola súa interpretación acompañando á cantante portuguesa [[Maria João]]. En 1987 participaron en París como representantes do jazz español na exposición "Cinco séculos de arte española", no Museo de Arte Contemporánea de París.