Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5317392 de CommonsDelinker (conversa)Dirham abd al rahman iii 17494.jpg
Etiqueta: Desfacer
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5:
'''Abd al-Rahman III''' ou '''Abderramán III'''<ref>A ''[[Diciopedia do século 21]]'' recolle a primeira forma como principal</ref>, nado en [[Córdoba, España|Córdoba]] en [[889]] e falecido en [[961]], foi o oitavo [[emir]] de [[Córdoba, España|Córdoba]] e, despois, o primeiro califa de [[al-Ándalus]] (de [[912]] a [[961]]). É considerado o maior e máis exitoso dos príncipes da [[dinastía Omeia]] na [[Península Ibérica]].
== Traxectoria ==
Ascendeu ó trono apenas con vinte e dous anos e reinou cerca de medio século. A súa vida está de tal forma identificada co goberno do seu estado que acabamos por ter maismáis material biográfico sobre o seu antecesor [[Abd al-Rahman I|Abderramán I]], que sobre si, innegablemente máis importante no plano histórico. Era neto de [[Abdallah ibn Muhammad]], outro gran líder hispánico dos Omeias, a quen sucedeu. Estableceu o '''paso do emirato o califato''' de [[Córdoba, España|Córdoba]] no ano [[929]]. O emir '''Abd-al-Rahman III''' decidiu proclamarse [[Califa]], cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. [[Al-Andalus|Al-Ándalus]] xa era completamente independente de [[Bagdad]].
 
Chegou ao trono nunha época en que toda a península estaba inzada por máis dunha xeración de conflitos tribais entre árabes e de escaramuzas entre musulmáns e descendentes hispánicos. A maior parte da poboación, de orixe hispánica, composta por renegados e cristiáns, asumidos ou non, era favorábel á ascensión ao poder dun gobernante poderoso que os protexese contra a aristocracia árabe. Esta última, composta por nobres musulmáns, compuña o principal núcleo de oposición a Abderramán. Logo a seguir, viñan os [[fatímida]]s do [[Exipto]] e Norte de África, que reclamaban o Califado, xustificando a pretensión coa súa descendencia do profeta [[Mahoma]], procurando estender o seu poder a todo o mundo musulmán. Abderramán conseguiu facer face a todos estes adversarios grazas ao apoio dun exército mercenario, tamén constituído por cristiáns. De feito, foi coñecido pola súa tolerancia para coa comunidade cristiá e xudaica.