Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
[[Ficheiro:Ptolemaic system 2 (PSF).png|miniatura|300px|Modelo ptolomeico.]]
Na [[época helenística]] (século II d.C.), [[Tolomeo]], en [[Alexandría]], na súa obra coñecida como ''[[Almaxesto]]'' impón a [[xeocentrismo|teoría xeocéntrica]] do universo. Esta teoría supoñía á Terra inmóbil e situada no centro do universo, e xirando ao redor dela, en pequenos círculos, a Lúa. Mercurio, Venus e o Sol, por esta orde, e todo isto debaixo dunha bóveda de estrelas fixas. Nesta época, pero uns douscentos anos máis tarde, destaca tamén [[Hipatia]] de Alexandría, considerada como a primeira muller científica da historia (matemática e filósofa), e unha das derradeiras representantes do [[neoplatonismo]]; o seu pensamento filosófico (e a súa negativa a converterse ao cristianismo) suscitou as iras do patriarca de Alexandría, Cirilo, de xeito que a astrónoma foi asasinada por unha turba de cristiáns, segundo se di (sen probas) instigados por Cirilo. Así que o sistema xeocéntrico, "doutrina oficial", chegou a converterse practicamente nun dogma, e perdurou até finais da Idade Media, debido á grande influencia que exercían as concepcións relixiosas, que condenaban -a causa dunha interpretación literal da [[Biblia]]- calquera idea que se afastase do modelo xeocéntrico. Por outra parte, Tolomeo reuniu un catálogo con máis de 1 000 astros.
 
A [[civilización romana]] realizou escasas achegas á ciencia astronómica, xa que practicamente se limitou a conservar os coñecementos adquiridos. Así, a obra dos grandes astrónomos antigos que acumulaba nas súas bibliotecas pasaron a [[Bizancio]] ou [[Constantinopla]] (capital do [[Imperio romano de Oriente]]), de onde chegaron ás mans dos árabes.
105.200

edicións