Manuscritos do Mar Morto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 17:
Os primeiros sete rolos de [[pergamiño]] que con certeza proceden das covas de Qumran foron encontrados en 1947 por Jum'a e o seu curmán Mohammed ed-Dhib, dous pastores beduinos da tribo Ta'amireh nunha cova de Qumrán. Atopárono por casualidade mentres perseguían a unha das súas cabras.
 
Estes rolos foron vendidos (troceados, para aumentar o seu prezo), a dous anticuarios de [[Belén]]. Catro deles foron vendidos (por unha pequena cantidade) a archimandrita do mosteiro sirio-ortodoxo de San Marcos en Xerusalén, Atanasio Josué Samuel (maismáis coñecido como Mar Samuel). Os tres seguintes, ao final, foron a parar a mans do profesor xudeu Eleazar Sukenik, arqueólogo da Universidade Hebrea de Xerusalén que, dándose conta do valor dos mesmos comprounos en 1954.
 
Posteriormente publicaronse copias dos rolos, causando un masivo interese en arqueólogos bíblicos, cuxo froito sería o achado de outros seiscentos pergamiños, e centos de fragmentos.