Reganosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|, <br /> → <br/> (5)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 64:
Dende que o [[grupo Tojeiro]], promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en [[Mugardos]], formouse un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O [[Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol]] acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da [[Unión Europea]] para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.
 
Coa chegada en maio de 2007 do ''[[Galicia Spirit]]''<ref>[http://economia.elpais.com/economia/2007/05/09/actualidad/1178695977_850215.html "El Galicia Spirit entra en Reganosa"], ''[[El País]]'', 9 de maio de 2007 {{es}}.</ref>, o primeiro gaseiro de 280 metros de [[eslora]] e 140.000 metros cúbicos de gas [[LNG]], á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a [[Garda Civil]] denunciou a varios [[mariscador]]es por desobediencia á autoridade. Oito de estesdestes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012<ref>[http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/letras-de-cambio/39322-reviravoltas "Descamisados"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120803024316/http://www.diariodeferrol.com/index.php/opinion/letras-de-cambio/39322-reviravoltas |date=03 de agosto de 2012 }}, texto de Manuel Cendán en ''Diario de Ferrol''</ref> e sete de eles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2012/07/10/penas-carcel-cierre-ria-barco-gasero/0003_201207F10C6992.htm "Penas de cárcel por el cierre de la ría a un barco gasero"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 10 de xullo de 2012 {{es}}</ref>.
 
Dende a posta en marcha da planta o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol organiza concentracións cada vez que un gaseiro entra na [[ría de Ferrol]].