Lucía Sánchez Saornil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Postura ante o problema da muller: Teoría da superioridade do home
Liña 33:
 
=== Postura ante o problema da muller ===
As ideas principais sobre a muller recóllense na serie de artigos publicados en ''Solidaridad Obrera'' no outono de 1935 baixo o título de ''La cuestión femenina en nuestros medios'' e en diversos artigos na prensa anarcosindicalista e na revista Mujeres Libres. Para ela, a muller española era inculta e pouco preocupada polos temas sociais pero isto era debido ao seu papel de sometemento ao longo da historia. O único horizonte da muller na sociedade limitouse ao [[prostíbulo]] ou ao [[matrimonio]], como xa afirmara [[Pierre Joseph Proudhon|Proudhon]]. Recollendo unha idea que xa expresara [[Teresa Claramunt]], a explotación da muller foi reforzada aínda máis polo sentimento de [[Teoría da superioridade do home|superioridade do home]]. Así, a muller sufría unha dupla explotación, como ser humano ante o capitalismo e como muller ante o home. Aínda que recoñecía que esta última situación mellorara algo, sobre todo entre as intelectuais.<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://hdl.handle.net/2445/19543|título=Dos intelectuales anarquistas frente al problema de la mujer. Federica Montseny y Lucia Sánchez Saornil|apelidos=Mary|nome=Nash,|data=1975|data-acceso=26 de setembro de 2018|ISSN=0010-8235}}</ref> Criticou, sen nomealo, a [[Gregorio Marañón]] que sostiña a diferenza física entre homes e mulleres. De feito, este [[Endocrinoloxía|endócrino]] visitou a Ana Martínez Sagi xa que os pais desta estaban preocupados polas rarezas deportivas e intelectuais da súa filla. Para Sánchez Saornil, as diferenzas son polo medio en que se desenvolven homes e mulleres. Tanto no [[eu poético]] como no [[eu político]] estivo sempre presente o seu espírito crítico. Este non a levou a idealizar ningún credo e con el despregou unha visión [[Feminismo|feminista]] total. Realizou unha lectura feminista da [[psicanálise]] e das teorías de diferenciación sexual e propuxo como solución á pasividade feminina, a concienciación da existencia de mecanismos represivos e o coñecemento do seu poder limitado na configuración do eu. Así dicía que o mundo masculino oscilara fronte á muller entre dous conceptos extremos da [[Prostitución|prostituta]] á nai sen deterse no estritamente humano, é dicir, a muller como ser racional pensante e autónomo.<ref name=":4">{{Cita libro|apelidos=Capdevila-Argüelles|nome=Nuria|ligazónautor=|título=Autoras inciertas|url=|dataacceso=|ano=2008|editorial=Horas y horas|ISBN=978-84-96004-18-4|apelidos-editor=|lugar=|páxina=|lingua=|capítulo=}}</ref>
 
=== Postura ante a familia ===