Mario González Zaera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de Dimas González García, comerciante de Matilla de los Caños ([[Provincia de Valladolid|Valladolid]]), que casou en Sarria con Ascensión Zaera Vázquez. Propietario do Laboratorio de especialidades farmacéuticas Kober en [[Sarria]], foi impulsor de [[Falange Española]] en 1933. En 1935 foi nomeado Xefe Provincial de [[Falange Española de las JONS (1934)|Falange]] de Lugo, aínda que só do sur da provincia, pois debido aos conflitos internos, Manuel Hedilla dividiu en dous sectores a provincia, adxudicando o norte a [[José Viador Traseira]]. O [[18 de agosto]] de [[1936]] foi nomeado xefe territorial de Falange Española de Galicia. Asociado con [[Manuel Saco Rivera]], realizou unha actividade abusiva no ámbito económico (subscricións que non foron entregadas ás oficinas recadadoras da Subscrición Patriótica e detraemento de importantes cantidades de diñeiro da tesourería de Falange) e extorsións, violencia física e asasinatos tamén contra autoridades militares e relixiosas. Foi xulgado xunto a [[Eduardo Gómez Rodríguez]], coñecido por Requejo, xefe comarcal de FE-JONS de Sarria. Foi cesado como xefe territorial de Galicia, sendo nomeando Delegado da Xunta de mando para as [[Illas Canarias]] durante un mes, transcorrido o cal foi trasladado a [[Salamanca]] como encargado de recruta e propaganda. En [[1937]] xunto con [[Manuel Hedilla]] e outros falanxistas que non querían acatar o Decreto de unificación, foi arrestado, acusado de traizón contra Franco e xulgado en consello de guerra en 1938. Foi condenado a morte, pero a sentenza foi conmutada pola de reclusión a perpetuidade. Permaneceu pouco máis de dous anos encarcerado cumprindo a sentenza, epois foiFranco finalmenteconcedeulle indultadoo indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.<ref>''El Pueblo Gallego'', 3-4-1940, p. 1.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==