Gripe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m →‎Historia: arranxiño
Liña 50:
A pandemia da gripe española tivo un orixe xeográfico aínda hoxe en día dubidoso e estendeuse por todo o planeta ata o [[Ártico]] e as remotas illas do [[océano Pacífico]]. A gravidade inesperada da enfermidade produciu a morte de entre o 2 e o 20% de todos os infectados, (fronte á [[taxa de mortalidade|taxa habitual de mortalidade]] da gripe común, que está en torno ao 0,1%).<ref name=Knobler /><ref name=Taubenberger /> Outra característica diferencial desta pandemia foi que a mortalidade afectou sobre todo a adultos novos, cun 99% das mortes en persoas por baixo dos 65 anos, e máis da metade en adultos entre os 20 e os 40 anos.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Simonsen |nome=L |autor2=Clarke M, Schonberger L, Arden N, Cox N, Fukuda K |título=Pandemic versus epidemic influenza mortality: a pattern of changing age distribution |revista=J Infect Dis |volume=178 |número=1 |páxinas=53–60 |ano=1998 |pmid=9652423}}</ref> A gripe común ten as súas maiores taxas de mortalidade, pola contra, nos estratos de poboación máis nova (menores de dous anos) e sobre todo entre os maiores de 70. A mortalidade total real da pandemia de gripe de 1918-1919 non se coñece con certeza pero estímase que en torno ao 2.5% e o 5% da poboación mundial morreu pola súa causa (uns 25 millóns de persoas só nas primeiras 25 semanas). Foi a pandemia máis mortífera da historia da humanidade, superando á da peste negra. Vaia como comparación que o [[Virus da inmunodeficiencia humana|virus do sida]] causou esa mesma cantidade de mortes nos seus primeiros 25 anos de existencia.<ref name=Knobler />
 
Coa recente dispoñibilidade de mostras de falecidos polo virus da gripe española, cultivos de virus da gripe e as novidosas técnicas de [[bioloxía molecular]] conseguiuse clonar o [[xenoma]] completo do axente causal da pandemia de 1918. Para iso, utilizouse metodoloxía baseada na xenética reversa para xerar un virus da influenza que contén os oito segmentos xenéticos deste virus. Este logro permite estudar as propiedades asociadas á súa extraordinaria virulencia. En marcado contraste coa influenza humana contemporánea (o virus virus H1N1), nos ensaios realizados ''[[in vitro]]'' o virus da pandemia de 1918 tivo a capacidade de replicarse en ausencia de tripsina, o que lle permitiu causar a morte en [[rato]]s e embrións de polo, mostrando un fenotipo de alta replicación nas células epiteliales bronquiales. Por outra banda, a expresión coordinada dos 1.918 xenes do virus sen dúbida outorga un fenotipo único de alta virulencia observada con este virus pandémico e que non se observou en ningún outro virus da influenza analizado ata este momento.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Tumpey |nome=Terrence M |autor2= et al |título=Characterization of the Reconstructed 1918 Spanish Influenza Pandemic Virus|revista=Science|volume=310 |número=77|ano=2005 |DOI= 10.1126/science.1119392}}</ref>
 
As pandemias posteriores de gripe (a [[gripe asiática]] (tipo A, subtipo [[H2N2]]) e a de [[1968]] ou [[gripe de Hong Kong]] (tipo A, subtipo [[Influenzavirus A subtipo H3N2|H3N2]]) non foron tan devastadoras pero tamén provocaron millóns de defuncións. Nas últimas pandemias, a dispoñibilidade de [[antibiótico]]s serviu para controlar as infeccións oportunistas e isto axudou a reducir a taxa de mortalidade con respecto o da gripe española do 18.