Diccionario bio-bibliográfico de escritores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
| título orixinal =
| tradutor =
| imaxe =
| descrición da imaxe = Primeiro tomo da obra
| autor = [[Antonio Couceiro Freijomil]]
| ilustrador =
| artista cuberta =
| país = [[Galicia|Galiza]]
| lingua = [[Lingua castelá|Castelán]]
| colección = Enciclopedia Gallega
Liña 23 ⟶ 21:
| seguido por =
}}
 
O '''''Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores''''' é unha obra enciclopédica de [[Antonio Couceiro Freijomil]] en [[lingua castelá]]. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en [[Galiza]]. Foi editada de 1951 a 1954 en [[Santiago de Compostela]] pola [[Editorial de los Bibliófilos Gallegos]], dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.
 
== Características ==
A obra é moi completa e abrangue desde autores medievais como [[MendiñoMendinho]] até autores contemporáneos como [[Xesús Ferro Couselo]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Gonzalo Torrente Ballester]]. Conta cun [[prólogo]] de [[Francisco Javier Sánchez Cantón]], presidente do consello da editorial e compañeiro de Couceiro Freijomil no [[Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento]]. Amais, Couceiro Freijomil preparou un prólogo para ser publicado en ''[[Faro de Vigo]]'' no centenario do xornal, mais permanece inédito.
<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=2768 Prólogo inédito, por Antonio Couceiro Freijomil] en [[Galiciana]]</ref>
A obra está estruturada en tres volumes por orde alfabética:
* I (de [[Ramón Abancéns]] a [[Joaquín Ezquerra del Bayo]]); publicada en xullo de 1951, ten 404 páxinas e 1130 entradas.
* II (de [[Manuel Fabeiro|Manuel Fabeiro Gómez]] a [[José María Ozores de Prado]]); publicada en outubro de 1952, ten 530 páxinas e 1515 entradas.
* III (de [[Antonio Pacheco Bermúdez]] a [[Emilio Zurano Muñoz]]); publicada en novembro de 1954, ten 548 páxinas e 1524 entradas.
 
Estaba prevista a publicación de forma periódica de varios apéndices coas oportunas adicións; porén, o autor faleceu pouco despois da publicación do terceiro tomo.
 
Se ben a obra foi escrita e publicada durante o [[franquismo]], época na que existía a [[censura]], é relevante a desviación na escolla dos autores e autoras, así como das obras mencionadas. Cid Fernández entende que Couceiro Freijomil tiña unha postura controvertida respecto ao [[nacionalismo galego]], negando as contribucións políticas e limitándoo á corrente cultural do rexionalismo, cunha visión idealizada dos sentimentos de "amor á terra"<ref>{{Versaleta|[[Xosé Manuel Cid Fernández|Cid Fernández, X. M.]]}} (1982): "Postura controvertida de A. Couceiro Freijomil ante o rexurdimento e extensión da conciencia nacionalista (1916-1936)", en ''Boletín Auriense'' nº 12, páx. 275-297.</ref> Segundo Miguélez Carballeira, o propósito do ''Diccionario Bio-bibliográfico de escritores'' era "restaurar durante a ditadura fascista os discursos coloniais de pré-guerra sobre a Galiza"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez -Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 49.</ref>, "os valores da identidade galega, mansa e sentimental, do velho regionalismo"<ref>{{Versaleta|[[Helena Miguélez Carballeira|Miguélez Carballeira, H.]]}} (2014): ''Galiza, um povo sentimental?''. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 152.</ref>. Xa na súa obra ''El idioma gallego'' (1935) Couceiro Freijomil amósase contrario a mencionar os poetas de [[vangarda]] galegos, sinalando un cisma entre "la Galicia ''saudosa''" e "la de los vates rebeldes"<ref>{{Versaleta|Couceiro Freijomil, A.}} (1935): ''El idioma gallego''. Páx. 441.</ref>
 
Omítense obras de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] como ''[[Sempre en Galiza]]'', e cualifícase como ''defecto'' o anticlericalismo de [[Manuel Curros Enríquez]] na obra ''[[O divino sainete]]''. De [[Darío Álvarez Limeses]], [[Alexandre Bóveda]], [[Roberto Blanco Torres]], [[Johán Carballeira]] ou [[Manuel Lustres Rivas]] entre outros dise que morreron ''por consecuencia de los sucesos nacionales''. De autores que tiveron que [[Exilio|exiliarse]] como [[Basilio Álvarez]] ou [[Xerardo Álvarez Gallego|Gerardo Álvarez Gallego]] dise que ''[[Emigración|emigraron]]''.
 
Non obstante, inclúese autores que deixaron escritos non só de carácter literario, senón de calquera outro tipo, xa for sobre teoloxía, xurisdición, ou medicina. Inclúense personalidades relixiosas -especialmente da [[Orde franciscana]]- que non chegaron a escribir ren, como [[Sancho de Figueroa Andrade]] ou [[García Blanes]], franciscano do s. XIII. Mesmo aparece incluído o propio [[Francisco Franco]], destacando a súa carreira militar e política.
 
== Notas ==
{{Listaref|02}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 50 ⟶ 47:
 
=== Ligazóns externas ===
* ''[https://books.google.es/books?id=BG4wyAEACAAJ&dq=inauthor:%22Antonio+Couceiro+Freijomil%22&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwjUtoSDnqvoAhVNTBoKHV-8BpIQ6AEIUTAF Diccionariovolume 2] e [https://books.google.es/books?id=8iMXAAAAIAAJ&q=Diccionario+bio-bibliográfico bibliogr%C3%A1fico+de +escritores]'',&dq=Diccionario+bio-bibliogr%C3%A1fico+de+escritores&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwjqkZGnnqvoAhUMrxoKHdlVBK8Q6AEIJzAA volume 2, acceso limitado3] en [[Google Books]].
* ''[https://books.google.es/books?id=8iMXAAAAIAAJ&q=Diccionario+bio-bibliogr%C3%A1fico+de+escritores&dq=Diccionario+bio-bibliogr%C3%A1fico+de+escritores&hl=gl&sa=X&ved=0ahUKEwjqkZGnnqvoAhUMrxoKHdlVBK8Q6AEIJzAA Diccionario bio-bibliográfico de escritores]'', volume 3, acceso limitado en Google Books
 
{{Control de autoridades}}
{{Obras de consulta}}
 
[[Categoría:Enciclopedias en castelán]]
[[Categoría:Literatura en lingua galega]]