Os outros feirantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 159:
Unidade que se acentúa polo xogo intertextual: ''Cando escribín a miña “Escola de Menciñeiros” quedáronse esquecidos Mel de Vincios, Pita de San Cobade e un discípulo de Mel''... {{Sfn|Cunqueiro|1981|p=34}}. Ou: ''Xa contei noutro libro meu que o gatipedro é como un gato gordo que... {{Sfn|Cunqueiro|1994|p=23}}.''. Mesmo chega a repetir Lomas de Pontigo con pequenas variantes en ''Escola de menciñeiros '' e ''Os outros feirantes. ''
 
Todos estes relatos breves levan polo xeral como título o nome ou alcume do seu protagonista e presentan a característica de seren breves e vivas semblanzas de personaxes que, nun entornocontorno realista e ás veces ata identificábel, levan adiante o seu vivir cotián. Alvaro Cunqueiro escribiu (coma no relato Freire do Rego: ''Muitos anos hai, alá polos vinte deste século, foi a cotío pola botica de meu pai un tal Freire de Rego''{{Sfn|Cunqueiro|1994|p=41}}) que os poboadores destes libros non son de todo independentes da variada clientela que frecuentaba a botica do seu pai, mais ao mesmo tempo son produto da súa imaxinación, da súa fantasía.
 
Baixo unha aparente heteroxeneidade hai unha unidade non só no libro, senón que transcende a este. Os tres libros son máis realistas que as tres novelas e máis entroncados coa tradición oral. Ademais, tamén no discurso narrativo hai trazos que lle confiren unidade á obra.
 
Baixo unha aparente heteroxeneidade hai unha unidade non só no libro, senón que transcende a este. Os tres libros son máis realistas que as tres novelas e máis entroncados coa tradición oral. Ademais, tamén no discurso narrativo hai trazos que lle confiren unidade á obra.
==Voces narrativas==
No libro existe un único narrador principal que utiliza a primeira persoa e ao que lle outorga caracteres autobiográficos ''xa contei noutro libro meu que o gatipedro é... '' (p. 23); ''eu vivía daquela en San Sebastián'' (p. 104), o que pode levar confundir narrador e autor real. O que fai Cunqueiro é xogar coa fráxil fronteira entre fantasía e realidade e utilizar ao mesmo tempo a técnica do conto oral tradicional.