Unidade Galega (coalición): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22:
A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de [[Cataluña]] e o [[País Vasco]] e a consecución dun grupo nacionalista no [[Congreso dos Deputados]] para negociar o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981]]. Aínda que nas [[eleccións xerais de 1979]] obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1979]] tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da [[A Coruña|Coruña]] para [[Domingos Merino]]. Grazas a estes resultados a coalición tamén conseguiu dous deputados provinciais<ref>{{Cita web|título=Galicia: elecciones a Diputación Provincial de A Coruña Lugo Ourense Pontevedra|url=http://www.historiaelectoral.com/dipugal.html|páxina-web=www.historiaelectoral.com|data-acceso=2020-06-14}}</ref>. Aparte da alcaldía da Coruña, UG tamén conseguiu as de [[Cambados]], [[Narón]], [[Rairiz de Veiga]], [[Redondela]], [[As Pontes de García Rodríguez]], [[Touro]], [[Vilaboa]] e [[Malpica de Bergantiños]].
 
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na [[Comisión dos 16]] (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de [[1980]], tras o abandono da mesma polo [[Partido Galeguista (1978)|Partido Galeguista]].[[Ficheiro:Elecciones generales 1979 Distrito electoral de Pontevedra. Diputados. Unidade Galega.jpg|miniatura|Papeleta de Unidade Galega no Distrito electoral de Pontevedra nas [[Eleccións xerais de España de 1979|Eleccións xerais de 1979]].|alt=|253x253px]]
 
== Eleccións ==