Marxismo-leninismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Iosif Stalin
corrixo lingua
Liña 5:
Segundo G. Lisichkin<ref>Г. Лисичкин, Мифы и реальность, Новый мир, 1989, № 3, с. 59 {{ru}}</ref>, a concepción do marxismo-leninismo como unha ideoloxía separadamente do marxismo ten a súa orixe na obra de Stalin ''"As cuestións do leninismo"''. Durante o período do goberno stalinista, o marxismo-leninismo foi proclamado como a ideoloxía oficial do Estado<ref>Александр Бутенко, Социализм сегодня: опыт и новая теория// Журнал Альтернативы, №1, 1996, с. 3-4 (en ruso)</ref>, aínda cando [[Ciencia|científicos]] [[Política|políticos]] e [[historia]]dores continúan hoxe a discutir en que medida Stalin seguiu o modelo e os principios de [[Karl Marx]] e de [[Lenin]]. En particular, os [[Trotskismo|trotskistas]] consideran que, de feito, Stalin contradixo o auténtico "marxismo-leninismo", e utilizan o termo [[bolxevismo-leninismo]] para describir a súa propia ideoloxía comunista antistalinista. E os comunistas de esquerda rexeitaron o marxismo-leninismo como corrente antimarxista.
 
Despois da [[ruptura sino-soviética]], os partidos comunistas da [[Unión Soviética]] e da [[República Popular da China]] reclamaron ser os herdeiros intelectuais do marxismo-leninismo. Na China, o discurso foi que [[Mao Tse Tung]] tiña adaptado do marxismo-leninismo ás condicións chinesas, dando orixe ao termo "marxismo-leninismo-maoísmo" como ideoloxía de Estado, así como base ideolóxica daqueles partidos que, a nivel internacional, simpatizan co [[Partido Comunista de China|Partido Comunista da China]], como, por exemplo, o [[Partido Comunista de Filipinas]] ou o [[Partido Comunista de Perú]] ([[Sendero Luminoso]]), que defendeu o marxismo-leninismo-maoísmo co argumento de que constitúe un estadio mais avanzado do [[marxismo]]. Fronte a isto, despois da [[ruptura sino-albanesa]], un pequeno grupo de marxistas-leninistas comezaron a rexeitar o papel de Mao Tse Tung no movemento comunista internacional en favor do [[Partido do Traballo de Albania]] e da súa adherencia estrita ao [[stalinismo]].
 
En [[Corea do Norte]], o marxismo-leninismo foi oficialmente substituído polo [[Juche]] en [[1977]], en cuxa concepción de clase e de [[loita de clases]] o marxismo-leninismo non xoga un papel significativo. Porén, o goberno norcoreano é a miúdo referido como marxista-leninista -ou máis comunmente como stalinista- debido á súa política e á súa estrutura económica.