Anxo Guerreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado referencias
mSen resumo de edición
Liña 12:
|profesión= Político, xornalista
}}
'''Anxo Guerreiro Carreiras''' ou '''Ángel Guerreiro Carreiras''',<ref>{{Cita web|url=http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaXuntaElectoral/1981.pdf|páxina-web=parlamentodegalicia.es|título=Relación de diputados proclamados electos polas suntas electorais provinciais|data-acceso=13-6-2020}}</ref> chamado '''Geluco''', nado en [[Xermade]] o [[28 de agosto]] de [[1945]] e falecido o [[18 de xullo]] de [[2013]] na [[A Coruña|Coruña]],<ref name=":0">{{Cita web|url=https://elpais.com/ccaa/2013/07/18/galicia/1374146388_503088.html|páxina-web=elpais.com/|título=Muere Anxo Guerreiro, el comunista de rostro amable|data-acceso=13-6-2020|apelidos=Pereiro|nome=Xosé Manuel|lingua=es|data-publicación=18-7-2013}}</ref> foi un político e xornalista galego.
 
== Traxectoria ==
Ingresou no [[Partido Comunista de España]] de moi novo cando estudaba Químicas na [[Universidade de Santiago de Compostela]], militancia pola que foi encarcerado en varias ocasións<ref name=":1">{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/18/fallece-politico-gallego-anxo-guerreiro-68-anos/00031374135237764188407.htm|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=Fallece el político gallego Anxo Guerreiro a los 67 años|data-acceso=13-6-2020|data-publicación=19-6-2013|lingua=es|apelidos=Redacción}}</ref> e non rematou os estudos. No 1976, formaba parte do Comité Central do PCE que se deu a coñecer en [[Roma]]<ref name=":0" /> e, no 1979, foi elixido secretario xeral do [[Partido Comunista de Galicia]], sucedendo a [[Rafael Pillado]]. Formou parte do chamado "[[Grupo dos 16]]", representantes de diferentes partidos políticos que redactaron o [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de Galiza]].<ref name=":0" />
 
En 1981, converteuse no primeiro e único deputado no [[Parlamento de Galicia]] coas siglas do PCG (1981-1985). Foi partidario do "[[eurocomunismo]]", polo que foi destituído por [[Santiago Carrillo|Carrillo]] en 1983 e remprazado por [[Julio Pérez de la Fuente]]<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/fallece-anxo-guerreiro-historico-politica-gallega-redactores-estatuto-FNCG817651|páxina-web=elcorreogallego.es|título=elcorreogallego.es|data-acceso=13-5-2020|apelidos=Redacción|lingua=es|data-publicación=18-6-2013}}</ref>, aínda que despois recuperou a secretaría xeral no PCG.<ref name=":0" />
 
Tamén máximo dirixente do [[Partido Comunista de Galicia]] e de [[Esquerda Unida]]. As súas discrepancias con [[Julio Anguita]] levárono a separar a organización galega da federal creando [[Esquerda de Galicia]],<ref name=":3">{{Cita web|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/finou-anxo-guerreiro-fora-maximo-dirixente-do-pce-na-galiza/20130718104457017309.html|páxina-web=nosdiario.gal|título=Morre Anxo Guerreiro, figura chave da historia do PCE e de EU en Galiza|data-acceso=13-6-2020|data-publicación=18-7-2013|apelidos=Redacción}}</ref> e que acudiu ás [[Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997|eleccións autonómicas de 1997]] en coalición co [[Partido dos Socialistas de Galicia|PSdeG]], o que posibilitou que de novo fose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).
 
Nas eleccións de [[2001]], o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.<ref name=":1" /><ref name=":2" />
 
Nos últimos anos da súa vida foi comentarista e opinador político en diversos medios, como [[Localia Santiago]] ou a [[Radio Galega]].<ref name=":3" />
 
Padecía dos [[ril]]es e desenvolveu un [[cancro]] de [[pulmón]]. Foi incinerado. O seu cadaleito foi cuberto coa [[bandeira de Galicia]] e por catro [[caravel|caraveis]] vermellos.