Vogal nasal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1:
Unha '''vogal nasal''' ou '''vogal oronasal''' é unha [[vogal]] producida baixando o veo do [[padal]], facendo que o [[Aire|ar]] saia pola [[Boca|canle bucal]] e asemade pola [[Nariz|nasal]]. En xeral, na emisión das vogais o ar sae exclusivamente pola boca, xa que o veo do padal está pegado á parede da [[farinxe]] e isto impide que pase ás cavidades nasais (pronunciando deste xeito as vogais orais).
 
EnNo [[Lingua galega|galego]], calquera vogal pode realizarse máis ou menos nasalizada por contacto cunha consoante nasal. Así e todo, o trazo da [[nasalidade]] non é [[Fonoloxía|fonoloxicamente]] pertinente nesa lingua, pois a substitución dunha vogal oral por outra oronasal non provoca variación ningunha no plano do [[significado]].
 
Achamos vogais nasais en poucas [[lingua]]s, amais do [[Lingua portuguesa|portugués]], o [[Lingua francesa|francés]], o [[Lingua polaca|polonés]], o [[Lingua yoruba|yoruba]], o [[Lingua navajo|navajo]] e o [[Lingua caxubia|caxubio]].