Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

(ligazón epigrafía)
Santalla de Bóveda atópase a uns 14 km ao suroeste da cidade de Lugo, no val do [[Río Mera, río Miño|río Mera]]. Este val é dunha gran riqueza arqueolóxica, pois sitúanse nel máis de media ducia de castros. O máis próximo é o de Corvazal, situado a pouco máis de medio quilómetro do templo. Con todo, trátase de castros con extensións inferiores a unha hectárea. Tamén se deron numerosos achados de procedencia romana, como a [[estela de Crecente]], que se atopou na parroquia de San Pedro de Mera.
 
Ademais a [[Vía XIX]] discorría polas inmediacións do templo. Aínda que o trazado exacto da vía nesta área está aínda en discusión, suponse paralela ao río e pasaría a uns dous quilómetros ao sur de Santalla. En [[San Romao da Retorta, Guntín|San Romao da Retorta]] (concello de Guntín, a uns seis quilómetros de Bóveda) atopouse nos anos oitenta o miliario de [[Calígula]], datado no 40 e adicado a este emperador. Amais, nunhas escavacións de 2002 deuse con restos dunha calzada romana case ao pé do templo. Na súa [[tese doutoral]] sobre o edificio, Montenegro Rúa inclínase por considerar que se trate dun ramal secundario desta vía, quizais o camiño que unía Lucus co [[campamento romano da Ciadella]], no concello de [[Sobrado dos Monxes]]<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=428 e ss.}}</ref>.
 
== Estrutura do edificio ==
187.894

edicións