Ramón María Narváez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 7:
A súa carreira militar comezou no rexemento de Gardas Valoas en [[1815]], e en [[1822]] serviu baixo o mando de Francisco Espoz y Mina en [[Cataluña]], onde sería apresado polas tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís. Permaneceu en [[Francia]] até [[1824]]. Tras rexeitar calquera tipo de cargo durante o [[Reinado de Fernando VII de España]], incorporouse en [[1834]] ao lado dos isabelinos durante as [[Guerras Carlistas]]. En xullo de [[1835]] participou na Batalla de Mendigorria, e en [[1836]] tomaría parte na batalla de Arlabán, onde gañaría o ascenso a ''brigadier''.
 
Durante [[1837]] encárgaselle o mando das reservas andaluzas para expulsar aos carlistas de Castela, e durante esta campaña nace unha forte inimizade co xeneral [[Baldomero Espartero|Espartero]]. A súa grande habilidade militar e a súa ideoloxía liberal fixeron que tanto progresistas como moderados pretendesen que se incorporara aos seus partidos. A pesar de istodisto tivo que exiliarse despois de presidir xunto co xeneral Córdoba unha xunta de oposición a Espartero. Permanecería en [[París]] durante os tres anos que durou a Rexencia.
 
En [[1843]] regresaría a [[Valencia]], e o [[23 de xullo]] dese mesmo ano, derrotaría as tropas esparteristas de Seoane en [[Torrejón de Ardoz]], preto de [[Madrid]]; por esta vitoria sería ascendido a tenente xeneral. En novembro é vitima dun atentado en Madrid do que consegue sobrevivir.