Selección de fútbol do Uruguai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 49:
Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola [[FIFA]] ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da [[Copa Mundial de Fútbol]], dúas edicións dos [[Xogos Olímpicos]], unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada ''Mundialito'', e catorce edicións da [[Copa América]]. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe de [[Uruguai]] como país, nos comezos do [[século XX]].<ref>{{Cita web |url=http://www.auf.org.uy/seleccion.aspx |título=www.auf.org.uy Selección nacional |data-acceso=22 de xullo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080303214328/http://www.auf.org.uy/seleccion.aspx |dataarquivo=03 de marzo de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
Foi ademais a primeira selección, xunto á de {{sel|Arxentina}}, en xogar un partido internacional fóra das [[Illas Británicas]], concretamente o [[16 de maio]] de [[1901]] en [[Montevideo]], con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]] e [[Montevideo]], o [[15 de agosto]] de [[1889]], onde dous equipos representativos das capitais de ambolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña [[Vitoria I do Reino Unido|Vitoria de Inglaterra]]. Supostamente o partido tivo lugar no chamado ''New Ground de La Blanqueada'' e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.<ref>[{{Cita web |url=http://www.mipunto.com/deportes/futbol/argentina/historia.jsp |título=Historia do Fútbol Arxentino] |data-acceso=22 de xullo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100711013735/http://www.mipunto.com/deportes/futbol/argentina/historia.jsp |dataarquivo=11 de xullo de 2010 |urlmorta=si }}</ref>
 
O alcume da selección, ''"La Celeste"'' (do [[Lingua castelá|castelán]]: ''A Celeste''), provén da primeira vitoria internacional do equipo o [[15 de agosto]] de [[1910]] por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta [[azul|celeste]], adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate [[uruguai]]o ante o poderoso Alumni [[Arxentina|arxentino]] por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da [[Copa América]] [[1916]], disputada na cidade de [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]].