Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

Nova cabeceira: Vestixios epigráficos. Introduce información sobre o miliario de Calígula. Afondo na hipótese de Montenegro de que se trate dun hipoxeo.
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
(Nova cabeceira: Vestixios epigráficos. Introduce información sobre o miliario de Calígula. Afondo na hipótese de Montenegro de que se trate dun hipoxeo.)
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]]. Foi José María Penado, párroco de Santalla desde 1909, quen descubriu os restos cando facía obras de reparación na igrexa parroquial moderna, guiado por tradicións orais que falaban da existencia dun templo soterrado. O momento preciso da descuberta non está documentado; o caso é que non se fixo pública até o verán de [[1926]]. Nese ano a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí, director nesa altura do Museo Diocesano Histórico-Arqueolóxico de Lugo, a escavación e recuperación dos restos.<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=6}}</ref>
 
A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda,. da que hoxe sóDela queda memoria polas fotografías realizadas daquela, as acuarelas de [[Elías de Segura]] de [[1927]] e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos [[Museo Provincial de Lugo|Provincial]] e [[Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo|Catedralicio]] de Lugo.
 
Arredor dos anos cincuenta do pasado século, realizouse unha nova campaña de escavacións dirixida por [[Manuel Chamoso Lamas]]. Estes traballos evidenciaron existencia da piscina central, que estaba atacada de entullo e cuberta por un lousado de pedra.
Santalla de Bóveda atópase a uns 14 km ao suroeste da cidade de Lugo, no val do [[Río Mera, río Miño|río Mera]]. Este val é dunha gran riqueza arqueolóxica, pois sitúanse nel máis de media ducia de castros. O máis próximo é o de Corvazal, situado a pouco máis de medio quilómetro do templo. Con todo, trátase de castros con extensións inferiores a unha hectárea. Tamén se deron numerosos achados de procedencia romana, como a [[estela de Crecente]], que se atopou na parroquia de San Pedro de Mera.
 
Ademais a [[Vía XIX]] discorría polas inmediacións do templo. Aínda que o trazado exacto da vía nesta área está aínda en discusión, suponse paralela ao río e pasaría a uns dous quilómetros ao sur de Santalla. NunhasEn [[San Romao da Retorta, Guntín|San Romao da Retorta]] (concello de Guntín, a uns seis quilómetros de Bóveda) atopouse nos anos oitenta o miliario de Calígula, datado no 40 e adicado a este emperador. Amais, nunhas escavacións de 2002 atopáronsedeuse con restos dunha calzada romana case ao pé do templo. ONa súa tese doutoral sobre o profesoredificio, Montenegro Rúa inclínase por considerar que se trate dun ramal secundario desta vía, quizais o camiño que unía Lucus co [[campamento romano da Ciadella]], no concello de Sobrado dos Monxes<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=428 e ss.}}</ref>.
 
== Estrutura do edificio ==
Ficheiro:Galician-roman painting.jpg|Detalle.
</Gallery>
 
== Vestixios epigráficos ==
Até o momento, atopáronse en Santalla dous vestixios epigráficos, é dicir, restos de inscricións en pedra. O primeiro dos restos localizouse ao inicio das intervencións. Trátase dunha ara coa inscrición “pro / sa[lute]”, que se pode traducir como “para / a saúde”. Identificouse como un exvoto de curación, é dicir, unha ofrenda dunha persoa curada de enfermidade. Obviamente, esta interpretación apoia a postura de quen identifica o edificio cun ninfeo ou un centro salutífero.
 
O segundo dos restos epigráficos é unha placa marmórea con letras en vermello, atopada no chan do edificio, entre á ábsida e a piscina, durante os anos cincuenta. A composición, bastante máis longa que a anterior, ofrece moitas dificultades de lectura, pero parece inequivocamente un texto funerario. Datouse tradicionalmente nos séculos III e IV e os seus versos asociáronse a pasaxes da Eneida de Virxilio, en cuxa obras se inspiraban a miúdo as persoas que compuñan os textos destas lápidas.
 
Na súa tese xa citada, Montenegro dubida desta asociación. Ademais, comparando a tipografía coa doutros restos epigráficos semellantes, como o miliario de Calígula, considera que esta placa non sería anterior á primeira metade do século II<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=469-488}}</ref>. 
 
== Evolución histórica ==
Helmut Schlunk, especialista en arte altomedieval peninsular, defendeu a teoría de que se tratase dun hipoxeo xa nun artigo de 1935. Sostiña esta atribución en exemplos de templos semellantes no Mediterráneo Oriental, así como nos relevos. En concreto, poñía en relación as representacións das mulleres danzantes con relevos semellantes en templos funerarios da Vía Latina de Roma<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=459-463}}</ref>.
 
Aínda que Schlunk abandonouaparcou esta interpretación cando o descubrimento da piscina, outros autores continuaron esa liña. Un deles foi [[Celestino Fernández de la Vega]], quen en 1970 publicou unha monografía en que desenvolvía a hipótese de que se tratase dun templo pagán reutilizado a finais do IV como tumba de [[Prisciliano]]<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=465}}</ref>.
 
Na súa tese doutoral sobre o monumento, Montenegro Rúa retoma a hipótese de que se trata dun hipoxeo, é dicir, dun templo funerario subterráneo. Para esta atribución baséase na simboloxía funeraria do arco de ferradura, que na Península se rexistra en numerosas estelas funerarias. Afonda tamén na presenza doutros hipoxeos na Península e fóra da Península (cita, por exemplo, a ''Gran Tumba'' de Córdoba ou o ''monumento dos Furios'' en Tusculum) con tipoloxías semellantes e situadas nas marxes de camiños relevantes<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=489 e ss}}</ref>.
 
== Notas ==
92

edicións