Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

sen resumo de edición
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
;Administración
Dito [[Tratamento (medicamento)|tratamento]] consiste nunha administración inicial de 150 mg/kg durante 15 minutos, seguido de 50 mg/kg durante as catro horas seguintes e finalmente 100 mg/kg durante as 16 horas restantes. A formulación oral tamén pode disolverse, filtrarse e esterilizarse por un [[farmacéutico]] do [[hospital]] para [[administración intravenosa]]. Esta é unha boa opción en casos onde a [[Vía de administración|vía enteral]] non é viable ou está contraindicada. A administración intravenosa de NAC está relacionada con casos de [[Alerxia|reacciones alérxicas]] como [[shockchoque anafiláctico|choques anafilácticos]] e [[broncoespasmo]]s.
 
Na práctica, se transcorreron máis de 8 horas trala inxestión, o carbón activado non é efectivo e debe administrarse a NAC inmediatamente. Se transcorreron menos de 8 horas, débese administrar carbón activado, empezar a administrar NAC e esperar a ver os niveis de paracetamol. En pacientes cunha sobredose de menos de 8 horas, o risco de hepatotoxicidade é reducido. Se se administran máis de dúas dose de carbón activado debido a que o paciente inxeriu dous ou máis medicamentos, as subseguintes administracións de carbón activado e NAC deben demorarse dúas horas. A NAC é eficaz se se administra con prontitude, pero pode ser efectivo aínda cando transcorresen 48 horas da sobredose.
190.202

edicións