Casa Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 35:
Décadas de escaso mantemento e a construción dun cuarto piso durante a administración do presidente [[Calvin Coolidge]] afectaron á estrutura de ladrillo e pedra arenisca construída sobre marcos de madeira. En 1948, a casa chegou a ser tan inestable, que o presidente [[Harry Truman]] abandonouna, trasladándose á Casa Blair, entre 1949 e 1951.
 
A reconstrución, levada a cabo pola empresa contratista John McShain de [[Filadelfia]], requiriu desmontar por completo os espazos interiores, a construción dun novo bastidor interno de aceiro e a reconstrución dos cuartos orixinais dentro da nova estrutura. Fixéronse algunhas modificacións ao deseño do piso, para facelo máis grande e colocar de novo a escaleira central para abrirse ó Vestíbulo de Entrada, en lugar de ó Vestíbulo Central. Engadiuse aire acondicionado central, e dous sotos secundarios adicionais que proporcionaban espazo para salas de traballo, almacéns e un refuxio contra bombas. A familia Truman trasladouse novamente á Casa Branca o 27 de marzo de 1952. Aínda que a casa salvouse grazas á reconstrución de Truman, gran parte do mobiliario interior era de serie, e de pouco valor histórico. A maior parte do enlucido orixinal, algún correspondente á reconstrución de 1814-1816 estaba demasiado danado para instalar de novo, como o robusto revestimento de madeira Beaux Arts da Sala Este. O presidente Truman tiña as vigas orixinais de madeira. As paredes do cuarto de Vermeil, da biblioteca, do cuarto deda China, e do cuarto dos Mapas no piso da residencia principal foron artesoadas con madeira das vigas.
 
=== A restauración Kennedy ===