George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
→‎Falecemento: texto traducido desde a wiki .es:George Harrison#Fallecimiento
Liña 151:
 
En 2001, Harrison apareceu como convidado no álbum ''Zoom'' de [[Electric Light Orchestra]], tocou a steel guitar nas cancións "Love Letters" para [[Bill Wyman's Rhythm Kings]], remasterizou e restaurou cancións de [[Traveling Wilburys]] e compuxo unha nova canción, "Horse To The Water". A canción, que sería a súa última publicación en vida, foi gravada o [[2 de outubro]], dous meses antes da súa morte, e apareceu no álbum ''Small World, Big Band'' de [[Jools Holland]].
 
== Falecemento ==
 
O [[cancro de pulmón]] que sufría Harrison reapareceu en 2001, con dúas [[metástase]] no [[cerebro]]. Harrison someteuse a tratamentos agresivos en Suíza e en Nova York, pero o 22 de novembro os médicos confirmáronlle o seu carácter terminal. Decidiron aplicar entón tratamentos unicamente paliativos, que lle permitisen pasar os seus últimos días en familia, con amigos e dar as últimas indicacións dalgúns proxectos para ser terminados polo seu fillo Dhani e a súa esposa Olivia. Organizou un último encontro absolutamente privado con Paul e Ringo, de quen puido despedirse en paz, así como coa súa irmá Louise, con quen tivera enfrontamentos no pasado.
 
== Notas ==