Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 37:
Galicia entra no [[século XX]] con tres liñas ferroviarias baixo a tutela de tres compañías diferentes: o [[Ferrocarril Compostelano]], de Santiago a Redondela; MZOV, de Vigo a Ourense, de Ourense a Monforte e de [[Guillarei, Tui|Guillarei]] á fronteira portuguesa pola ponte internacional de Tui, e por último, a Compañía do Norte, que xestiona de A Coruña a Monforte e de Monforte a Palencia, coa conexión coa liña principal a Madrid. Para unha xeografía de preto de trinta mil quilómetros cadrados, tratábase dunha rede moi cativa e non tardaron en producirse campañas e iniciativas para facer unha trama ferroviaria máis tupida que enlazara cidades e portos entre os que había intereses económicos e sociais. Considerando os proxectos ferroviarios defendidos e nunca desenvolvidos, os ferrocarrís galegos serían de preto de 2.200 quilómetros fronte aos 1.300 que chegaron a facerse, dos que agora hai en servizo algo máis de 1.100 quilómetros.
 
Na década de [[1920]] ademais das liñas de ancho ibérico xa referidas prodúcese a incorporación dos ferrocarrís secundarios de Vigo ao Porriño, primeira fase do truncado ferrocarril a Mondariz e o de Vigo a Baiona e Gondomar. Súmanse ao xa existente de vía métrica entre Vilaoudriz e Ribadeo para o transporte de mineral de [[ferro]]. Os dous primeiros, eléctricos e o mineiro con tracción a vapor. Un tranvía, pero a vapor, funcionaba entre Pontevedra e Marín, cidades que perderían esa conexión ferroviaria en [[1924]] e non a recuperarían ate xullo de [[2002]]. As liñas secundarias foron a gran materia pendente que, en [[1920]] queren resolver un grupo de empresarios coa creación da [[Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia]], unha iniciativa que non chegará a pasar da súa declaración de intencións e da publicación dunha memoria a cargo de [[Domingo Villar Grangel]]. En [[1928]], desaparecerá tamén MZOV, incapaz de rematar as liñas de Santiago á Coruña, de Santiago a Ourense e de Ourense a Zamora. No seu lugar quedará a [[Compañía dos Ferrocarrís do Oeste]], froito da incautación que fai o estado das liñas que estaban en situación crítica como as antes citadas de Galicia, a conexión entre [[Madrid]] e a fronteira portuguesa por [[Cáceres]] e, a partir de [[1936]] os ferrocarrís andaluces.
 
==== A nacionalización ====
[[Ficheiro:Euromed Ben.jpg|miniatura|Euromed en [[Benicarló]], País Valenciano.]]
 
A partir de [[1940]] o ferrocarril estivo en situación ruinosa en España. Ós efectos da [[Guerra Civil española]] hai que engadir o illamento producido polo comezo da [[Segunda Guerra Mundial]]. As empresas privadas non tiñan capacidade nin para mante-lo servizo nin para repara-los danos ocasionados pola guerra. En [[1941]] prodúcese a nacionalización de tódalas liñas ferroviarias de ancho ibérico e no mesmo ano constitúese a [[RENFE]] (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles). Trala nacionalización, o estado pon en marcha un plan para remata-las liñas inacabadas, como a de Santiago-A Coruña, que se inaugura en [[1943]]; [[Pobra de Seabra]]-[[Ourense]], en [[1957]] e Ourense-Santiago en [[1958]]. A liña de Medina a Vigo por Zamora e Ourense rematábase case cen anos despois do seu comezo. As dificultades técnicas e orográficas fixéranse patentes, de xeito especial entre o tramo de Ourense a [[Pobra de Seabra]], o máis difícil do tecido ferroviario español ate entón, posto que preto dun terzo discorre entre trincheiras, viadutos e túneles, dos que o do [[Padornelo, Lubián|Padornelo]], con 5.971 metros é o máis longo das liñas convencionais de Renfe.
 
O grande paradoxo da historia do ferrocarril en Galicia xorde na década de [[1940]]. Recentemente expropiadas as compañías privadas ante a paupérrima situación económica que atravesaban e frustradas tódalas tentativas de crear compañías independentes durante a fase de expansión e esplendor ferroviario, aparece a única empresa ferroviaria con capital integramente galego de toda a historia, que chegará a se converter nunha das máis sobranceiras do mundo. En 1943, os irmáns Fernández López ( Antonio, Concepción, José e Manuel) fundan [[Transfesa]], unha compañía que nace co obxecto de transportar por vía férrea gando ás cidades de Madrid e Barcelona.
 
==== Peche de servizos e decadencia ====