Ferrocarril: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 31:
En Galicia, como no resto de España, as dificultades foron basicamente financeiras. A pequena burguesía liberal galega considerou o tren como o medio que puña fin ó atraso económico e social de Galicia e emprendeu numerosas campañas para que houbese comunicacións ferroviarias dentro de Galicia e conexións co resto de España. A primeira solicitude presentada foi en [[1845]], para unha liña entre [[León]] e Vigo. O Goberno autorizou a concesión o 12 de xullo dese ano, pero non chegou a materializarse. En [[1857]] comezou o estudo para a construción de dúas liñas dende Palencia, con destino ás cidades de Vigo e A Coruña, que terían consideración de ramais da liña principal de Madrid a Irún. Un ano despois conseguiron a concesión do Goberno e comezaron as obras entre Palencia e Ponferrada. O primeiro ferrocarril que se comezou a construír en solo galego foi o Compostelán, entre Santiago e O Carril, que foi o primeiro en operar, a partir de [[1873]]. Dous anos despois fíxoo a liña A Coruña-Lugo, propiedade da Compañía do Noroeste de España, pero non conseguiu enlazar o trazado galego co da Compañía do Norte e quebrou en [[1878]]. A compañía do Norte fíxose cargo ate [[1880]], data na que quedou constituída a Compañía de Asturias León e Galicia, con capital basicamente de Norte. Finalmente, en 1885, a Compañía do Norte absorbeu a AGL.
 
Paralelamente, a [[Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo]] (MZOV) construíu a liña entre [[Vigo]] e [[Ourense]], comezando as obras en [[1863]] e rematando en [[1881]] coa conexión das dúas cidades da Galicia sur. Sen capital para conectar [[Zamora]] con [[Ourense]], decidiuse reformular o trazado solicitando a conexión coa liña A Coruña-Palencia en [[Monforte de Lemos]], rematando o tramo Ourense-Monforte en [[1885]]. A partir desa data, [[A Coruña]], [[Lugo]], [[Ourense]] e [[Vigo]] teñen relacións ferroviarias directas con [[Madrid]] e o resto da [[Rede ferroviaria española|rede española]]. Compostela quedou illada por non ter conexión nin con [[Redondela]], punto de enlace con [[Ourense]] (logrouse en [[1899]]), nin coa [[A Coruña|Coruña]] que non chegará ata [[1943]].
 
[[Ficheiro:319 408 Barracas.jpg|miniatura|Tren en Barracas -sur de [[Teruel]], Aragón-.]]