Karate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 48:
No arquipélago de Okinawa, unha rexión localizada a medio camiño entre [[China]] e [[Xapón]], na parte setentrional do [[Mar da China]], xurdiu o [[Reino de Ryukyu|Reino de Lequias]]. No proceso de xurdimento deste reino, entre os anos de [[1322]] e [[1429]], houbo un período denominado ''[[Período Sanzan|Sanzan jidai]]'' ({{lang|ja|三山 時代}}, período dos tres montes), cando que se debateron tres reinos polo control total da rexión: [[Hokuzan]] ({{lang|ja|北山}}, Monte setentrional), [[Chuzan]] ({{lang|ja|中山}}, Monte central) e [[Nanzan]] ({{lang|ja|南山}}, Monte meridional). Quen saíu vitorioso foi o Reino de Chuzan, que era o máis forte economicamente, inaugurando a primeira Dinastía Sho: [[Sho Hashi]].
 
Porén, por causa da súa posición xeográfica, a rexión sempre despertou a cobiza deda China e Xapón, que non aforraron esforzos para estenderen as súas influencias (culturais e económicas).<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.okinawan-shorinryu.com/okinawa/history.html|título=A Brief History of Okinawa|dataacceso=29 de mazo de 2014}}</ref>
 
Despois da unificación do reino, nun primeiro período, China foi máis eficaz para conseguir os seus intereses e estender a súa influencia sobre a rexión, que se consolidou en varios aspectos, proxectándose dende a estrutura administrativa do país ata os costumes. Neste escenario, migraron ou simplemente chegaron ao país, de entre os diversos tipos de persoas, algúns practicantes e mestres de artes marciais.